spot_img
InicioCondado ParadantaA XIV edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia...

A XIV edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera programa oito concertos

A XIV edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera programa oito concertosO próximo 30 de abril arranca a XIV edición do Ciclo de Música de Barcia de Mera, que acolle cada verán esta parroquia situada no oeste do municipio pontevedrés de Covelo.
O ciclo que foi presentado onte no Hotel Balneario de Mondariz por Rafael Antela, párroco de Barcia de Mera, o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, a directora artística do ciclo, Nieves García Soto e o alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo. Tamén contou coa presenza, entre outras persoas, do alcalde de Mondariz Balneario.
 
Este ano o número de concertos é de oito, que se repartirán entre abril e setembro, comezando o 30 de abril
O primeiro deles, o 30 de abril, virá da man da orquestra de cámara dirixida por Florian Vlashi, cos solistas Cecilia Rodríguez e Christian Borrelli, que interpretarán o Stabat Mater de Pergolesi. O 28 de maio será a quenda do cuarteto Assai con obras de Johan Christian Bach, Shubert e Piazzola; o 25 de xuño,, do trío de cordas Sartory Cámara con obras de Haydn, Schubert e Beethoven; mentres que o 2 de xullo a interpretación correrá a cargo do trío Scaramucia con obras de Vivaldi e Pisendel.
A XIV edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera programa oito concertos
Vox Stellae na XIII edición celebrada o pasado ano
O 30 de xullo a interpretación será de Cantica Sacra In Memorian de Luis Estévez con obras de Monteverdi, Fauré e Vitoria; o 15 de agosto contarán co Dúo Laúd e Voz co programa Benedicta tu María e o 27 de agosto Vox Stellae con Vilancicos Galegos. Na clausura do ciclo, o 17 de setembro, o programa correrá a cargo de EL Afecto Ilustrado con sonatas italianas de 1700.
A XIV edición do Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera programa oito concertos
“Iniciativas coma esta poñen de relevancia a importancia das pequenas asociacións na dinamización da oferta cultural en todos os recunchos da xeografía galega” destacou o representante da Consellería de Cultura, quen puxo en valor o traballo da asociación cultural organizadora do ciclo.
 
Todos os concertos realizaranse no marco incomparable que forman o conxunto eclesiástico de San Martín de Barcia de Mena, que conta cunha estupenda acústica, ademais de estar situada nun espazo idílico, que lle confire un ambiente máxico aos concertos.
 
O aforo está limitado e con todos os protocolos de seguridade esixibles, polo que é imprescindible facer unha reserva previa. Todos os concertos serán na igrexa de Barcia de Mera, ás 20.00 horas.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.