spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda organiza un concurso fotográfico polo...

O Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda organiza un concurso fotográfico polo Día Mundial da Auga

O Consello Climático Asesor Xuvenil da Guarda organiza un concurso fotográfico polo Día Mundial da AugaCalquera persoa pode enviar a súa imaxe ao enderezo informacion@aguarda.es antes do 22 de Marzo

Dende o Consello Climático Asesor Xuvenil de A Guarda organízase un concurso de fotografía con motivo do Día Mundial da Auga, o vindeiro 22 de Marzo. Na pasada xuntanza do Consello Climático, Carmen Novas, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, estivo compartindo cos rapaces a campaña europea Water for the Future, que animou aos mozos e mozas a sacar esta iniciativa para implicar a toda a veciñanza.

O concurso pretende recompilar fotografías orixinais e artísticas que teñan como elemento principal a auga, en calquera dos seus estados e formas, dende unha bágoa ata a inmensidade do océano. O gañador ou gañadora recibirá un kit de elementos que permiten o coidado e aforro de auga na vida cotiá e o Concello levará a cabo unha exposición cunha selección das mellores instantáneas.

Calquera persoa pode enviar a súa imaxe ao enderezo informacion@aguarda.es antes do 22 de Marzo. Os mozos e mozas do Consello Climático aproveitan para invitar a calquera persoa entre 15 e 35 anos a participar nesta actividade, que se leva a cabo un venres ao mes ás 19:00 no concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.