spot_img
InicioVal MiñorGondomarO conselleiro de Economía e Industria visita as instalacións en Gondomar da...

O conselleiro de Economía e Industria visita as instalacións en Gondomar da empresa fabricante de caldeiras de biomasa

Conde- conselleiro-Economía-Industria visita-instalacións -Gondomar-empresa-fabricante-caldeiras-biomasaO conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resaltou, durante unha visita ás instalacións da empresa fabricante de caldeiras de biomasa, Ecoforest, a continua aposta desta compañía pola innovación que lle permite configurarse como un referente no sector da biomasa galega. “Desde que introducira no mercado europeo a primeira caldeira de pellets, Ecoforest suma 25 anos de experiencia que fan dela unha empresa pioneira que segue a apostar pola innovación para ser cada día máis competitiva”, incidiu.

Neste contexto, Conde subliñou que este compromiso coa innovación, para o que ten contado co apoio do Goberno galego, está a redundar en beneficio de Galicia. Así, a empresa, que dispón de varias patentes, conta na Comunidade cun centro de investigación que lle permite desenvolver a súa propia tecnoloxía e validar os produtos en condicións reais, e dispón do seu propio control electrónico de combustión co que fabrica equipos máis eficientes.

O traballo de empresas como Ecoforest, apuntou Conde, xoga un papel moi importante na Estratexia de Impulso da Biomasa Forestal que está a promover o Goberno galego co obxectivo de crear unha nova industria xeradora de riqueza e emprego. Este plan, resaltou, atende a toda a cadea de valor, desde a transformación, produción e distribución do biocombustible, ata a construción, montaxe e instalación de caldeiras.

Para o seu desenvolvemento, explicou o titular de Economía e Industria, o Goberno galego está a impulsar a demanda de equipos de biomasa, cunha liña de apoios que mantén o seu compromiso orzamentario para o 2015, e que permitiu este ano a implantación de máis de 600 novas caldeiras, 161 na provincia de Pontevedra.

Para seguir impulsando esta Estratexia, incidiu Conde, “confiamos na capacidade do noso tecido empresarial” que, con empresas como Ecoforest, reflicten o potencial de Galicia para desenvolver unha industria que conta cun amplo mercado internacional.

Neste sentido, o conselleiro sinalou as posibilidades de internacionalización do sector, tanto na fabricación de caldeiras, como demostra a propia Ecoforest con presenza en 35 países, como na elaboración de pellets, cunha demanda que se duplicará na próxima década. Por este motivo, o selo Galicia Calidade certificará a orixe e calidade dos pellets obtidos da biomasa forestal galega, mellorando o seu posicionamento no mercado.

“Galicia preséntase como a comunidade con máis capacidade para producir biomasa forestal, factor que, xunto á calidade dos nosos produtos, debemos aproveitar para acadar o liderado europeo”, subliñou o conselleiro.

Que é a biomasa?

A biomasa é a utilización da materia orgánica como fonte enerxética. Pola súa ampla definición, a biomasa abarca un amplo conxunto de materias orgánicas que se caracteriza pola súa heteroxeneidade, tanto pola súa orixe como pola súa natureza.

No contexto enerxético, a biomasa pode considerarse como a materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico, espontáneo ou provocado, utilizable como fonte de enerxía. Estes recursos biomásicos poden agruparse de forma xeral en agrícolas e forestais. Tamén se considera biomasa a materia orgánica das augas residuais e os lodos de depuradora, así como a fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos (FORSU), e outros residuos derivados das industrias.

A valoración da biomasa pode facerse a través de catro procesos básicos mediante os que pode transformarse en calor e electricidade: combustión, dixestión anaerobia, gasificación e pirolisis.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.