·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello inicia a gravación do documental “O agro en Oia”

O Concello inicia a gravación do documental “O agro en Oia”

O Concello inicia a gravación do documental “O agro en Oia”O Concello de Oia vén de iniciar as gravacións para o documental “O agro en Oia”, unha peza audiovisual que se centrará no patrimonio material e inmaterial que atesouran as distintas prácticas, costumes e tradicións vinculadas ao traballo da terra.

Nestas primeiras gravacións tense feito o rexistro dalgunhas tarefas cotiás relacionadas co cultivo e recolección de produtos como o centeo, a pataca ou o millo. Os labores de sega, empacado de palla e a elaboración de palleiros de centeo son os principais protagonistas das imaxes capturadas polo equipo que realiza a peza audiovisual.

O documental ten o obxectivo de por en valor e recuperar os labores agrícolas tradicionais en Oia, implicar a distintas persoas e institucións nun proxecto participativo, rexistrar variantes dialectais do galego local, impulsar o uso da lingua galega e acadar unha valoración positiva do idioma entre as persoas que o empregan no seu día a día.

Para a realización deste audiovisual cóntase cunha subvención da Xunta de Galicia (promoción da lingua galega) por importe de 2.257,10 euros e unha da Deputación (dinamización da lingua) de 2.679,30. A cantidade restante para completar o orzamento total do proxecto, de 4.900 euros+IVE, será asumido polo Concello con recursos propios.

A participación no documental está aberta a toda a veciñanza, a fin de poder reunir coñecementos, experiencias e vivencias relacionadas co agro para gravalas en entrevistas. As persoas interesadas en participar ou facer calquera tipo de achega poden contactar co Concello no teléfono 986.36.21.25.

- Publicidade -spot_img

Publicidade