spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello do Rosal convoca a II Edición do Concurso de Haikus...

O Concello do Rosal convoca a II Edición do Concurso de Haikus para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O Concello do Rosal convoca II Edición co Concurso de Haikus para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de XéneroO Concello do Rosal convoca a II Edición do Concurso de Haikus para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Co fin de conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e de contribuír á desaparición do maltrato á muller o Noncello do Rosal convoca por segundo ano consecutivo, un concurso de haikus nesta ocasión acompañado dunha imaxe, debuxo, etc., e que no ano 2017 tivo moito éxito de participación.

O haiku é un xénero poético de orixe xaponesa. Os haikus consta de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou a vida cotiá.

As bases do concurso están na web e nas redes sociais do concello: portal.concellodorosal.es

A data límite de entrega da obra é o martes 20 de novembro de 2018

- Publicidade -spot_img