spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas en...

O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas en lembranza de Antonio Palacios

O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas en lembranza de Antonio PalaciosO Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés.

Levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto Palacios no casco urbano da súa vila natal. As visitas partirán do Templete de San Luis e incluirán a casa do Concello a Fonte do Cristo e a Botica Nova. Terán unha duración de 50 minutos e requiren de inscrición previa porque hai prazas limitadas.

As inscricións deben realizase a través de correo electrónico no enderezo cultura@oporrino.org. A partir do venres 21 e ata o xoves 27. A primeira destas visitas terá lugar o vindeiro sábado 29 de maio.

Coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal ante a tumba de Palacios, o Concello do Porriño comezou o pasado 27 de outubro os actos do “Ano Arquitecto Antonio Palacios” coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento. O Concello elaborou unha programación que se estenderá ata o 27 de outubro de 2021 e reunirá unha serie de actos e actividades culturais para divulgar a obra do recoñecido arquitecto porriñés.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.