spot_img
InicioO SalnésArousaO Concello de Vilagarcía de Arousa recolle as ideas dos talleres para...

O Concello de Vilagarcía de Arousa recolle as ideas dos talleres para elaborar o prego do Vai Bike

o-concello-de-vilagarcia-de-arousa-recolle-as-ideas-dos-talleres-para-elaborar-o-prego-do-vai-bikeO goberno local mantivo unha xuntanza cos propietarios de talleres de reparación de bicicletas do municipio co obxecto de recoller as súas impresións sobre a posta en marcha o Vai Bike que o Concello pretende recuperar este mesmo ano. O goberno recolleu as ideas dos talleres a efectos de plasmalas no prego do concurso que se comezará a elaborar de inmediato.

Mobilidade e modelo de cidade
O equipo de Alberto Valera quere recuperar o servizo municipal de aluguer de bicicletas a efectos de fomentar o uso deste medio de transporte ecolóxico e saudable e que se axusta ao modelo dunha cidade con menos coches, máis accesible e sen problemas de mobilidade. Se quere evitar por todos os medios situacións como as que se produciron no mandato anterior no que as veces que se convocou o concurso para a explotación e xestión do servizo, non houbo nin unha soa empresa interesada no mesmo.

Reverter na economía local
A xuntanza celebrada onte responde por un lado á necesidade de coñecer as necesidades e intereses dos posibles concursantes e, por outro ao desexo do goberno a dar prioridade aos establecementos locais a explotar este servizo xa que desta forma o investimento redunda na economía local e a proximidade facilita a atención ao usuario e as labores de mantemento do servizo.

Na reunión estiveron por parte do Concello, as responsables de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, e a de Facenda, Luz Abalo e os responsables de tres talleres de venta e reparación de bicicletas existentes en Vilagarcía. Como non se puido contactar co cuarto, consultaráselle nos próximos días apra coñecer tamén a súa opinión.

Aparte de recoller as ideas dos profesionais, as concelleiras tamén lles propuxeron que eles xa foran realizando os seus estudos económicos a efectos de ir avanzando e gañar tempo. Quedouse en celebrar un segundo encontro cando o Concello teña redactado o borrador dos pregos para que les poidan darlle o visto bo e, a continuación, procederíase a licitar o servizo.

O Concello dispón dunha partida de 40.000 euros para as labores de mantemento do VaiBike para o ano 2016. A idea do goberno é que o servizo poida comezar a prestarse en primavera ou, como moi tarde, a principios do verán. Para elo disporase das bicicletas existentes.

- Publicidade -spot_img