spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tui recupera as pegadas dos peregrinos e peregrinas na...

O Concello de Tui recupera as pegadas dos peregrinos e peregrinas na Ponte Internacional

o-concello-de-tui-recupera-as-pegadas-dos-peregrinos-e-peregrinas-na-ponte-internacionalO Concello de Tui ten recuperado estes días as pegadas dos  peregrinos que sinalan o tránsito entre España e Portugal na Ponte Internacional. Unha iniciativa da Cámara Municipal de Valença de hai xa varios anos e que polo desgaste do paso de peóns e peregrinos por este lugar tiña perdido practicamente a súa visibilidade.

Revista Cousas de nº21

A intención dos municipios tudense e valenciano é simbolizar con estas pegadas un dos atractivos do Camiño Portugués, como é o seu percorrido por dous países.

O Camiño Portugués leva acollido no que vai de ano un total de 37.016 peregrinos cun incremento do 7% verbo do pasado ano 2023. Deste número un 23% son de procedencia española (8.641) e un 67% estranxeiros (27.615), destacando Portugal cun 17,5%, seguido de Alemaña cun 8,27%, Estados Unidos co 8,13%, Italia, Brasil e Reino unido que superan o milleiro de peregrinos.

Dende a cidade de Tui iniciaron este Camiño Portugués un 30% dos peregrinos (10.791) unicamente superados por Porto con 12.802 (35%) e seguido de Valença onde iniciaron a súa peregrinación 7.276 persoas. Desta forma, a Eurocidade Tui-Valença foi o lugar escollido polo 50% dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués para iniciar a súa peregrinación neste 2024.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Para a concelleira de Turismo do concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, esta recuperación das pegadas dos peregrinos na Ponte Internacional ten como obxectivo marcar a condición de Tui como porta de entrada en Galicia do Camiño Portugués e tamén dun número crecente de peregrinos que realizan o Caminho Portugués da Costa que ten o seu trazado oficial en Portugal polos municipios da ribeira do Miño (Caminha, Vilanova de Cerveira e Valença). Esta pequena acción testemuña o compromiso do Concello de Tui pola promoción do Camiño de Santiago e a atención ao crecente número de peregrinos que percorren esta ruta de peregrinación e que dinamizan a vida social e económica da nosa cidade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.