spot_img
InicioBaixo MiñoOs xardíns históricos de Tui centrarán este domingo o percorrido das Rutas...

Os xardíns históricos de Tui centrarán este domingo o percorrido das Rutas de Natureza

Alameda de San Domingos

Este domingo, 23 de xuño, ás 10 h sairá da Oficina de Turismo o percorrido polos xardíns históricos de Tui dentro das Rutas de Natureza que organiza o Concello de Tui. O roteiro, de dúas hora e media de duración, será guiado polo historiador tudense Suso Vila.  

Revista Cousas de nº21

Dende o Paseo da Corredoira, onde comezará a actividade a carón da Oficina de Turismo, as persoas participantes achegaranse até a Glorieta de Vigo, o Paseo Familia Álvarez Blázquez e os xardíns de Troncoso, elementos das antigas fortificacións abaluartadas de Tui,  para continuar até a Alameda de San Domingos, creada na antiga horta do convento dominico que permitiu dar continuidade aos paseos desde a Corredoira constituíndose nun excelente miradoiro sobre o Miño.

O percorrido continuará pola rúa Antero Rubín, rúa Bispo Salvado e Tyde onde se visitarán os xardíns da antiga Casa Negra, hoxe o Hotel A Torre do Xudeu. Posteriormente na rúa Cuenca poderá verse o xardín histórico de Lorenzo Cuenca, o máis importante da cidade polo seu carácter privado que conserva aínda boa parte dos elementos do século XIX.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Continuando polo conxunto histórico destacaranse os restos de espazos axardinados tanto no pazo da Canicouba como da Torre do Arco. Tamén se visitará o xardín do albergue de peregrinos no que está inspirado a famosa lenda do túnel de dona Urraca.

Pasarase pola a casa-pazo do deán Bernal Deizmendi e casa do cóengo Rui López cun patio do século XVI, modelo de xardín renacentista no arquitectónico, até chegar á praza de San Fernando.

O curso está impartido por Minia Banet, a última gañadora da Bolsa Eloy Gesto dos Premios Artesanía de Galicia

Aquí o claustro e os xardíns da Catedral son exemplo das vellas hortas episcopais e tamén do que foi o xardín do pazo episcopal até mediados do século XX. O percorrido proseguirá pola rúa Seixas e a rúa das Monxas para rematar diante do convento da Concepción, onde se conserva un exemplo de horta/xardín conventual. Neste punto rematará o roteiro cunha degustación de peixes de améndoa.

Para participar é preciso inscribirse na Oficina de Turismo no Paseo da Corredoira, no teléfono 677 41 84 05  ou no correo turismo@tui.gal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.