spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tui estará presente mañá na Feira Internacional de Turismo...

O Concello de Tui estará presente mañá na Feira Internacional de Turismo (FITUR)

a-mellora-da-interrelacion-da-beira-do-rio-en-tui-obxecto-dun-concurso-internacional-de-ideas

O Concello de Tui estará mañá presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebrará en Madrid do 23 ao 27 deste mes, representado polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.

O rexedor tudense acudirá ás 12h ao stand de Turgalicia á presentación dos novos folletos dos conxuntos monumentais galegos, entre os que se atopa o de Tui. Posteriormente visita o posto da Red de Juderías de España, co obxectivo de ir traballando ante a posibilidade que hai de que Tui se poida incorporar a este grupo. Carlos Vázquez Padín aproveitará a súa visita a esta cita internacional de Turismo para visitar outros stand e poder así  tomar nota de distintas iniciativas que se poidan extrapolar ao turismo local para promocionar a cidade e os seus atractivos.

Explica o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, que é a primeira vez que se está a facer unha política integral de turismo enfocada a promover o potencial turístico do municipio. Nese senso apuntaba á redacción dun Plan Director de Turismo que está en marcha, a candidatura para entrar a formar para da Red de Juderías de España, e o obxectivo de que o municipio se poida incorporar á Ruta da Camelia, entre outros.

- Publicidade -spot_img