Inicio Vigo e área Soutomaior O Concello de Soutomaior ampla a súa oferta formativa cun taller de...

O Concello de Soutomaior ampla a súa oferta formativa cun taller de Robótica divertida

Concello-Soutomaior-ampla-oferta-formativa-taller-Robótica-divertidaA actividade é totalmente gratuíta e está dirixida a formadores e público interesado no tema

O Concello de Soutomaior, a través da súa Concellería de Educación,organiza un novo taller para formadores profesionais e público en xeral interesado na robótica. Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta que busca que as persoas asistentes logren incluír a robótica na educación, chegando a valorar o seu potencial como unha ferramenta que lles permita aumentar a motivación e a creatividade dos nenos, potenciar o seu pensamento ordenado, as súas habilidades para a resolución de problemas e o traballo en equipo.

A robótica aplicada á educación está considerada como unha ferramenta de aprendizaxe de conceptos teóricos e prácticos adquiridos doutras disciplinas fortemente ligadas a ela como son a informática, a mecánica, a electrónica, a electricidade e o debuxo, entre moitas outras.

Trátase dun taller práctico de oito horas de duración, dividido en dúas sesións de mañá e tarde, que terá lugar o 7 de marzo no edificio Multiusos de Arcade.

O taller estará guiado pola Licenciada en Ciencias Físicas especializada en electrónica e Enxeñaría Telemática, Susana Oubiña Falcón, que actualmente imparte as materias de Tecnoloxía e Informática no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

A primeira sesión centrarase na robótica para alumnos de infantil e tratará temas como a programación e o manexo de robots como BeeBot, ProBot, Edison yThymio.

A segunda sesión comezará cunha breve exposición dos beneficios e posibilidades que ofrece o programa de robótica educativa Scratch 2.0, co que os asistentes practicarán e deseñarán o software dos seus propios robots.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies