spot_img
InicioCondado ParadantaO Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración co IES de...

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración co IES de Salvaterra organiza unha xornada de concienciación sobre a Violencia de Xénero

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración co IES de Salvaterra organiza unha xornada de concienciación sobre a Violencia de Xénero.Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración co IES  de Salvaterra organiza unha xornada de concienciación sobre a Violencia de Xénero.

Dende o Departamento de Servicios Sociais levamos anos traballando na concienciación e educación dun espazo libre de violencias a través de diversos programas de actuación enfocados sobre todo á xente moza. Un ano máis levarase a cabo o concurso de slogans contra a violencia de xénero, de onde saíra o slogan gañador e co cal elaborarase toda a campaña de difusión que realizará o Concello neste eido.

Os premios e o slogan gañador daranse a coñecer o próximo 25 de novembro nun acto no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño, ademais ese mesmo día repartirase o material da campaña deste ano, con pulseiras e marcapáxinas que conterán o slogan gañador do ano pasado e deste ano. E por último descubrirase o traballo elaborado polos alumnos de carpintería e plástica  do IES co cal se porá  voz propia ás vítimas

SALVATERRA EN NEGRO, SALVATERRA EN LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

NON APRESES,

NON MALTRATES,

NON AMEACES.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.