spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Concello de Redondela retoma 'Maiores de Redondela en Ruta' cunha iniciativa...

O Concello de Redondela retoma ‘Maiores de Redondela en Ruta’ cunha iniciativa pioneira de benestar e envellecemento activo

O Concello de Redondela retoma 'Maiores de Redondela en Ruta' cunha iniciativa pioneira de benestar e envellecemento activoDeixando para o bo tempo as saídas culturais, desta banda realizaranse saídas de benestar. A primeira xornada está centrada no envellecemento activo a través do uso de augas termais nas Termas de Vizela, en Portugal. Toda a programación de Maiores de Redondela en Ruta presentarase en marzo, xa con tódalas visitas culturais do ano.

Cousas de revista nº16

A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa vén de anunciar a volta do programa ‘Maiores de Redondela en Ruta’ coa intención de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos, a posibilidade de gozar de excursións de un día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

Deixando para o bo tempo as saídas culturais, desta banda realizaranse saídas de benestar. O Concello oferta unha primeira xornada o 25 de xaneiro para fomentar o envellecemento activo da veciñanza participando nunha actividade saudable nas Termas de Vizela (Portugal). Esta saída inclúe o desprazamento, seguro de viaxe e accidentes, acceso ao circuíto termal (con prezos especiais para outros tratamentos), xantar con Bufete e a visita á cidade de Vizela. O punto de recollida do autobús será na Casa da Torre (A Farola) ás 9:15h para regresar a Redondela entorno ás 20h.

As rutas están abertas á participación de todas as veciñas e veciños maiores de 55 anos do termo municipal de Redondela. O prezo da actividade, apunta a concelleira, “variarán dependendo das actividades a realizar” se se ten en conta que dito prezo inclúe desprazamentos, visitas, xantar nun restaurante e seguro de viaxe.

Para poder participar nesta actividade, as e os interesados deberán cubrir un formulario que se lles facilitará na oficina de Turismo (baixos do Concello) onde se lles facilitará toda a información. Será preciso aportar copia do DNI e o pago do importe (entorno aos 20€). O prazo de inscrición será dende o vindeiro venres 13 ata o venres 20 de xaneiro.

Digna Rivas subliñou a importancia desta actividade “que contribúe a fomentar a interrelación entre as persoas participantes e, ao mesmo tempo, ábrelles a posibilidade de coñecer con máis detemento, outros lugares da nosa contorna. Queremos informar que toda a programación de Maiores de Redondela en Ruta presentarase en marzo, xa con tódalas visitas culturais do ano. ”.

- Publicidade -spot_img