spot_img
InicioCondado ParadantaO Concello de Ponteareas, Adapta e Avelaiña inauguran a decoración colgante "Corpus...

O Concello de Ponteareas, Adapta e Avelaiña inauguran a decoración colgante “Corpus Inclusivo”

o-concello-de-ponteareas-adapta-e-avelaina-inauguran-a-decoracion-colgante-corpus-inclusivoUn Corpus de todas e de todos é posible e así o demostran as asociacións ADAPTA e Avelaíña que en colaboración co Concello de Ponteareas inauguraron a decoración colgante “Corpus Inclusivo” na costa de San Gregorio. Unha choiva de creatividade que toda a cidadanía e veciñas e veciños poden contemplar nestes días.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Máis de quince adornos florais confeccionados de xeito artesá polas persoas usuarias de ADAPTA e Avelaíña que este ano renden homenaxe ao ciclismo. Flores ensartadas en rodas de bicicleta ofrecen un espectáculo ao aire libre mostra de creatividade e de arte, a mesma que portan as e os alfombreiros de Ponteareas.

“Cada peza que vemos aquí representa moito máis que un obxecto decorativo. Representa unha historia, unha emoción, unha capacidade. Representa a forza de superar barreiras e o dereito que todas as persoas teñen a expresarse, a participar e a ser recoñecidas polo seu valor”, sinalou a alcaldesa quen adiantou o seu compromiso para seguir impulsando “espazos como este, onde a inclusión non sexa só unha palabra, senón unha realidade tanxible. Espazos onde as diferenzas se celebren e se convertan en riqueza para toda a comunidade”.

Na confluencia entre a praza Maior coa baixada de San Gregorio a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, abriron esta mostra acompañados da directora territorial de Política Social da Xunta de Galicia en Vigo, Ángeles Rouco;  do xerente de AVELAÍÑA,  Rafael Álvarez, de Ángel Holguera, presidente de COGAMI en Pontevedra; de Montse Cuevas, presidenta de ADAPTA, de membros de DISCAMINO, tamén da Federación Galega de Ciclismo e do Club Ciclista Ponteareas escola Borja Gómez e do pregoeiro do Corpus 2025 Borja Gómez Méndez.

“Dende a xunta directiva de Adapta,  sentimonos orgullosos e agradecidos de poder participar activamente nunha celebración tan importante e con tanto significado como é Corpus para Ponteareas, e ainda que estar aquí é un paso importante, non debemos esquecer que a inclusión ten que ser todos os días do ano e en todos os ámbitos”, explicou Montserrat Cuevas, ademais de agradecer ao Concello como a asociación de alfombreiros a oportunidade de formar parte desta tradición,  “pero o mesmo tempo animamos a seguir traballando para conseguir a inclusión real do colectivo das persoas con discapacidade en todos os ámbitos.  Esta inclusión podese acadar traballando conxuntamente entidades e administracións, o mesmos traballo en equipo,  que se leva a cabo estos días en Ponteareas para poder amosar o mundo enteiro a arte efémera das alfombras”.

Rafael Álvarez, xerente de Avelaíña, expresou o seu agradecemento porque “hoxe toda a cidadanía pode ver o traballo realizado durante meses e aprecialo e nos parece un punto moi importante na inclusión da saúde mental e estamos convencidos da importancia de implicarse todos, Concello, comercio, empresas asociacións para acadar unha sociedade moito máis inclusiva”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Alfombristas Corpus Christi de Ponteareas, Miguel A. Garcías, manifestaba que “cada ano expómonos novos retos e accións para conseguir a total participación e integración daqueles colectivos que se atopan en situación de vulnerabilidade social e cuxo obxectivo é a inclusión social, a promoción da igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida”.

Os adornos colgantes foron realizados con materiais reciclados aportados por tendas de ciclismo locais e elaborados nas sedes das dúas asociacións co apoio do Concello que colaborou no transporte e colocación dos adornos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.