Inicio Val Miñor Nigrán O Concello de Nigrán recibe do viveiro Casaplanta unha vintena de abetos...

O Concello de Nigrán recibe do viveiro Casaplanta unha vintena de abetos de Nadal para replantar

O Concello de Nigrán recibe do viveiro Casaplanta unha vintena de abetos de Nadal para replantarA campaña municipal de recollida de árbores naturais de Nadal finaliza mañá, os interesados poden entregalos en calqueras dos colexios públicos de Nigrán

O Concello de Nigrán recibiu esta mañá do Vivero Casaplanta de A Ramallosa a doazón dunha vintena de abetos que se destinarán á campaña municipal de replantación de árbores naturais de Nadal, sumándose así a Figueragro. Francisco Eijo, responsable de compras de Casaplanta, amosoulle ao alcalde, Juan González, os exemplares sobrantes da campaña de Nadal e que pasarán a formar parte do novo bosque do Poutón, no parque de Vilariño, onde se replantarán este luns 13.

Esta primeira fase de recollida destinada a promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza, remata mañá venres, poidendo aínda os interesados entregar os abetos (deben estar en bo estado) en calquera dos colexios públicos de Nigrán en horario escolar (CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares, A Cruz , Arquitecto Palacios e CEE Juan María). Será o luns 13 cando alumnado de tódolos centros educativos realicen a plantación no espazo público do parque de Poutón (Vilariño). No caso de resultar demasiadas árbores tamén se replantarán nalgunha das zonas de monte comunal queimadas nos incendios de 2017.

Na campaña colaboran as concesionarias CESPA trasladando os exemplares, Brocoli (adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques de tormenta de Porto do Molle, o que permitirá a súa reutilización. Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.

“Trátase dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un bosque, ímos máis alá, buscamos a concienciación ambiental, difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade”, defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove intensamente na política local a Axenda 2030.

O Concello agarda recibir entre 60 e 100 árbores e insiste en que se trata de recollida de árbores naturais en bo estado para a súa replantación, non se recollen ramas, exemplares cortados ou secos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies