spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán ofrece este venres o concerto do ‘Grupo de...

O Concello de Nigrán ofrece este venres o concerto do ‘Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue’ integrado por músicos educados co método Abreu

o-concello-de-nigran-ofrece-este-venres-o-concerto-do-grupo-de-cordas-o-torreiro-de-priegue-integrado-por-musicos-educados-co-metodo-abreuO Concello de Nigrán ofrece este venres 1 de decembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do ‘Grupo de Cordas O Torreiro de Priegue’ coa gran particularidade de que está integrado por 21 persoas adultas formadas no método Abreu grazas aos irmáns Mario e Miguel Ángel Quiñones, venezolanos afincados en Nigrán discípulos directos de José Antonio Abreu, recoñecido mundialmente por ter sido o fundador do prestixioso ‘Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela’.

Revista Cousas De Nº19

Os asistentes ao concerto poderán comprobar in-situ o auténtido ‘milagre’ de Abreu: algúns debutan ante o público cando hai un ano non sabían nin tocar o instrumento nin nada de música e todos teñen en común terse integrado no grupo en condicións iguais ou similares. A agrupación está aberta a recibir máis persoas interesadas en aprender independientemente da súa idade e do instrumento que desexen, que non ten porqué ser de corda. “Na música, como noutras artes, nunca é tarde para aprender”, insisten os irmáns Quiñones.

“O legado de José Antonio Abreu, falecido en Caracas no 2018, sigue vivo en Galicia grazas a que temos a sorte de contar cos seus discípulos directos como veciños, así que non podemos estar máis que orgullosos de que toquen no noso Auditorio. Compartimos a súa filosofía absolutamente e a admiramos. Todo o mundo ten dereito a ter acceso á educación musical e aquí temos o resultado”, explica o alcalde, Juan González.

O sistema pedagóxico que naceu coa intención de lograr a inclusión social, que supuxo o boom da música en latinoamérica e que se exportou mundialmente, consiste na práctica desde o primeiro día co instrumento. “Ao igual que as crianzas aprender primeiro a falar e despois a ler, coa música pode ser igual, primeiro identifícanse sons coa súa ubicación no pentagrama”, explican os irmáns Quiñones, moi coñecidos en Nigrán por ter fundado Miguel Ángel a principios do 2000 unha orquesta infantil e xuvenil baixo estes principios. A realidade é que o ‘milagre Abreu’ dos irmáns Quiñones permitirá que este venres 21 persoas de entre 35 e 80 anos de toda a comarca interpreten con gran calidade pezas de Vivaldi, Tchaikovsky ou música tradicional irlandesa, merengue ou a canción de ‘Piratas del Caribe’.

“Non somos a Sinfónica de Berlín pero temos conseguido un gran son, todos son músicos amateurs que comezaron sen coñecemento previo algún ou gardado na súa infancia e a día de hoxe tocan e saben ler partituras”, explica Mario Quiñones, ‘primeira xeración Abreu’ e quen foi durante 38 anos violinista da prestixiosa Orquesta Sinfónica Simón Bolívar de Venezuela; mentras que o seu irmán Miguel Ángel, pianista e formador tamén ‘primeira xeración’, encargouse durante anos de dirixir orquestras infantís integradas no ‘Sistema Nacional de Orquestas Infantiles y Juveniles de Venezuela’ . A inicios dos 2000, este último chegou a Nigrán e tamén o implementou con rapaces do municipio, retomando a iniciativa hai 7 anos con este grupo con sede no Torreiro de Priegue e baixo o amparo de Antonio Grela, gran erudito musical que inicialmente lles conseguíu un espazo en Vigo e ao que amosan o seu máximo agradecemento.

- Publicidade -spot_img