Inicio Val Miñor Nigrán O Concello de Nigrán anima aos establecementos e entidades a participar na...

O Concello de Nigrán anima aos establecementos e entidades a participar na campaña “En negro contra as violencias machistas”

O Concello de Nigrán anima aos establecementos e entidades a participar na campaña "En negro contra as violencias machistas"O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), volverá a participar este mes de novembro na campaña ‘En negro contra as violencias machistas’ xunto a un cento de municipios de toda Galicia e tres diputacións.

O alcalde de Nigrán, Juan González, acudíu onte ao acto de adhesión á iniciativa celebrado ao mediodía no Concello de Santiago, promotor desta campaña dende o ano 2015.

Baixo o lema “Nigrán en Negro” o Concello propón novamente “vestir” de loito entre o 19 e 25 de novembro os escaparates, maniquíes, mesas dos restaurantes ou mesmo o propio persoal traballador en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia ou que faleceron por mor dela. O ano pasado Nigrán estrenouse nesta campaña con gran éxito grazas á participación de máis de cen establecementos e entidades. Todos aqueles que desexen sumarse novamente este ano tan só teñen que enviar un mail ao cim@nigran.org ou chamar o telefono do CIM (Centro de Información as Mulleres) 986383081 e facilitar os datos do establecemento ou entidade social (nome, enderezo, teléfono e mail) e os datos dunha persoa de contacto.

O Concello programa a maiores diversos actos socioculturais durante esa semana do 19 ao 25 de novembro. O venres 23 será a lectura do manifesto ás 11:30 horas na Praza do Concello, o sábado 24 celebrarase unha ‘Andaina en Negro’ polo futuro parque forestal Os Matos-Ríos Táboas e , finalmente, o domingo terá lugar unha sesión vermú no Auditorio Municipal coa actuación de ‘Blues do País’.

O día 7 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando aos gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Dende 2003 ata setembro de 2018, a Delegación do Goberno rexistrou 58 asasinatos machistas en Galicia e 962 no Estado. O Concello de Nigrán considera que a actual situación segue a precisar dunha resposta unánime da sociedade de rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres.

“Os establecementos comerciais e hostaleiros son os grandes protagonistas das nosas rúas, por iso precisamos a participación de todos, queremos novamente mandar unha mensaxe unánime á veciñanza de denuncia e solidariedade, queremos un Nigrán libre de violencia”, reflexiona o alcalde, Juan A. González.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies