spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona promove un plan para a ampliación das dunas...

O Concello de Baiona promove un plan para a ampliación das dunas da praia de Ladeira

Campaña-Escolar-Baiona-Fomento-Deportes-Naúticos-Semana-Azul-2015
Praia Ladeira na actualidade

Este plan, financiado ao 86% con fondos europeos, inclúese nun proxecto integral de saneamento e mellora de ecosistemas naturais aprobado polo Grupo de Acción Costeira 7.

A Concellaría de Medio Ambiente de Baiona iniciará nuns días un novo proxecto que permita ampliar os límites da duna de Ladeira, promovendo a súa conservación, mellorando o seu aspecto e garantindo a existencia deste areal para un futuro próximo.

Dentro deste proxecto, ademais da ampliación do sistema dunar inclúese a reorganización de zonas de aparcadoiro, substituíndo as máis próximas á duna por outras que ofrecen un menor impacto ambiental; a mellora dos accesos á praia, especialmente para persoas con dificultades de mobilidade; a recuperación do sistema dunar en base á eliminación de especies exóticas, algunhas moi presentes na duna e nas zonas de acceso á praia, como Stenotaphrum secundatum e Calystegia soldanella; e a colocación de distintas balizas interpretativas que dean a coñecer a importancia destas intervencións, a riqueza das especies de flora e fauna a conservar, e o coidado do sistema dunar no seu conxunto.

Con esta actuación a concellaría de medio ambiente segundo palabras do seu responsable Anxo Rodal pretenden mellorar os traballos de eliminación de especies invasoras, realizados recentemente coa ampliación da zona dunar en máis de 1000 m2 próximos ao cámping da Ladeira.
Neste proxecto investiranse uns 7.000,00 ?, dos cales a Concellaría de Medio Ambiente só terá que achegar un 14%, mentres que o resto do orzado será asumido por fondos europeos.

- Publicidade -spot_img