Inicio Pontevedra En setembro peregrinos e ciclistas compartirán por un só día a meta...

En setembro peregrinos e ciclistas compartirán por un só día a meta do Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que hoxe presentou xunto ao alcalde de Santiago, Agustín Hernández, os actos do remate da 69 edición da Volta Ciclista a España en Compostela, salientou a unión entre peregrinos e ciclistas no final do Camiño, “onde o triunfo e a superación serán valores que imperen na culminación do percorrido”.

“Por un só día, os peregrinos compartirán a meta do Camiño de Santiago con outros triunfadores”

Nava Castro manifestou que “por un só día, os peregrinos compartirán a meta do Camiño de Santiago con outros triunfadores” e, para festexar este acontecemento tan senlleiro, “temos preparado un evento dun final de Volta moi especial na propia Praza do Obradoiro”.
Segundo anunciou a directora de Turismo de Galicia, neste evento terán un protagonismo moi especial as mascotas peregrinas da Volta, Cami e Xaco, e haberá “festa para todos os participantes, seguidores, peregrinos, turistas e cidadáns”, en definitiva –engadiu- “para todos aqueles que queiran celebrar con nós o final da 69 edición da Volta Ciclista a España Provincia de Cádiz-Santiago de Compostela. O Final do Camiño”.
Para Nava Castro, con esta gran final, Galicia repetirá o seu grande protagonismo “despois de que na pasada edición sorprenderamos a todos os afeccionados e espectadores do ciclismo coa organización da saída dende unha batea”

A Volta Junior celebrarase tamén en Cangas do Morrazo,

O 14 de setembro tamén se celebrará a Vuelta Junior, que dará comezo ás 16:30 horas e na que participarán máis de cen rapaces seleccionados polo Consello Xeral de Deportes en colaboración coas institucións. A saída será dende a Avda. de Xoán XXIII e a chegada estará situada na Praza do Obradoiro. En concreto os nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos poderán recorrer o último quilómetro da Volta, cruzar por debaixo da liña de meta e subir o podio onde se lles fará entrega dun maillot aos gañadores de cada categoría.
Finalizada a carreira estes participantes terán acceso á zona VIP de A Volta Junior onde poderán gozar de diversas animacións ata que cheguen os ciclistas profesionais.
A Volta Junior celebrarase en once cidades españolas, das que tres serán galegas: Cangas do Morrazo, A Coruña e Santiago de Compostela.

La Vuelta e o Camiño de Santiago.

Nava- Vuelta CiclistaDurante a súa intervención na presentación dos actos do remate da Volta Ciclista a España en Compostela, Nava Castro lembrou que a maioría das etapas desta proba atravesan algunha provincia pola que transcorre o Camiño de Santiago e “de aí que Cami e Xaco, as mascotas peregrinas ataviadas coa indumentaria do camiñante, sexan os acompañantes dos gañadores destas etapas”.
E, como exemplo desas etapas que converxen co Camiñode Santiago, puxo os cinco itinerarios da Volta que percorren Galicia.
Así, a etapa Ortigueira-A Coruña percorrerá territorios do Camiño Inglés, a etapa A Estrada-Monte Castrove e a seguinte etapa de Salvaterra do Miño-Cangas do Morrazo mostrarán o Camiño Portugués; o itinerario Santo Estevo de Ribas de Sil-Os Ancares transcorrerá por zonas que comparte co Camiño Francés; e a contrarreloxo individual de 10 quilómetros entre a Cidade da Cultura e a Praza do Obradoiro, a fin do Camiño.
A directora de Turismo de Galicia referiuse tamén á relación entre Galicia, o Camiño de Santiago e a Volta Ciclista a España coa conmemoración do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e ao acontecemento que supón que, por primeira vez dende hai 21 anos, esta proba deportiva non remate en Madrid e “mude o seu final a Santiago de Compostela, sendo unha homenaxe única ao espírito de meta da peregrinación desta cidade”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies