A Sociedade Galega de Xestores Deportivos ( Agaxede) concedeu ao Concello de Baiona o premio ao mellor concello de Galicia en xestión deportiva na categoría de oncellos de menos de 15.000 habitantes que concede anualmente os Premios Galicia á Xestión Deportiva.
Baiona resultou vencedora neste categoría na undécima edición. Así o resolveu o xurado, composto por representantes de Agaxede, como promotora e organizadora, ademais de diferentes entidades, como a Secretaria Xeral para ou Deporte, a Fegamp, a prensa deportiva, a Ufedega, as Facultades de Ciencias do Deporte da Coruña e de Vigo e o Colef-Galicia.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, felicita a AGAXEDE polo continuo labor de promoción e impulso ao deporte que levan a cabo a nivel rexional e mostrouse “agradecido e satisfeito” ao coñecer a noticia, porque “máis aló do resultado final, constitúe un aliciente ao magnífico labor que realizan todos e cada un dos profesionais, amantes e afeccionados que directa e indirectamente están vinculados a esta área nun municipio que, como Baiona, é Deporte”.
A gala de entrega será no Auditorio do Centro Social de Arteixo o martes, 19 de outubro, ás 20 horas. Os premios outorgados corresponden ao ano 2020, que por razóns sanitarias non puideran concederse.
O galardón recoñece a Baiona como o pequeno concello galego que mellor desenvolve o potencial do seu deporte local e fomenta os hábitos de vida saudables entre os veciños e veciñas. Baiona destaca na xestión de plans ou proxectos de actividades, de espazos ou infraestruturas que contribúen a mellorar o desenvolvemento do deporte no ámbito territorial da súa competencia.



