spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona aumenta un 20% as subvencións a diferentes asociacións...

O Concello de Baiona aumenta un 20% as subvencións a diferentes asociacións Baionesas

praza-Concello-Baiona-acolle-longo-fin-semana-numerosas-actividades-motivo-día-mundial-Fibrosis-Quística,

O Concello de Baiona acaba de facer público a listaxe da concesión de subvencións para as actividades culturais a centros, asociacións e entidades locais para este ano.

As beneficiarias son un total de 45 entidades, das cinco parroquias do municipio, para as cales se destinou un importe de 22.386,26 euros, o que supón un incremento dun 20% con respecto ao ano pasado. A cantidade de cada subvención varía dependendo das características e a envergadura das actividades que se celebren. A contía será entregada previa xustificación dos gastos que se deriven da execución do programa ou actividade, tal e como se recollía nas bases. As asociacións poden entregar a documentación ata o 30 de novembro de leste mesmo ano.

Desta maneira, entre os eventos para os cales se destinan estas axudas destacan festivais de música, concursos de fotografía, concertos, clases didácticas, actividades diversas para nenos e adultos, actos conmemorativos, obras teatrais e magostos, entre outros.

Todas elas son accións desenvolvidas polas diferentes asociacións deportivas, culturais, veciñais, educativas, fiesteras e de servizos sociais, centros e entidades culturais co obxectivo de promocionar as parroquias, o seu patrimonio histórico e cultural e realizar actividades lúdicas, deportivas e formativas para os veciños.

O Concello de Baiona vén reforzando ano tras ano o seu compromiso coas asociacións baionesas. O Alcalde de Baiona declarou que: “O goberno municipal continúa co seu compromiso de apoiar as actividades dos diferentes colectivos baioneses xa que o seu labor é fundamental no municipio por crear un tecido social que reforza o noso pobo por iso este ano aumentamos a partida un 20%”. Con estas palabras Ángel Rodal revalidou a colaboración con todas elas.

As axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Subvencións municipais 2016 do Concello de Baiona.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.