spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda repara a esfera da Torre do Reló

O Concello da Guarda repara a esfera da Torre do Reló

O venres 13 de setembro comezaron os traballos de mantemento e reparación do reló que se atopa antiga torre de procedencia medieval da Praza do Reló, un dos elementos patrimoniais do casco urbano do municipio da Guarda.

Estes traballos realízanse despois da rotura parcial da esfera do reló, de xeito que estará fora de funcionamento ata que a esfera sexa substituída por unha nova, á vez que se realiza o mantemento do seu conxunto.

Este elemento patrimonial é un dos máis fotografados polos milleiros de visitantes que se achegan A Guarda cada ano, ademais da súa utilidade para ter informado aos veciños da hora.

O Concello da Guarda repara a esfera da Torre do Reló

Un pouco de historia:

A torre formaba parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila no máis alto do recinto. No 1570 levantouse a actual torre sobre outra primitiva. Reedificouse no 1730 por ameazar ruína a anterior substituíndose nesta esta data a campá mentres o reloxo mecánico, doado por José Manuel Andreini, data de 1924. No corpo da torre destacan os escudos de armas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.