spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda propón á Asociación de Redeiras do Baixo Miño...

O Concello da Guarda propón á Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia á candidatura da Medalla Emilia Pardo Bazán

O Concello da Guarda propón á Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia á candidatura da Medalla Emilia Pardo BazánA concesión desta medalla recoñecería non só os logros das Redeiras da Guarda, senón tamén a figura da muller do mar, porque os seus rostros son tamén os de todas aquelas mulleres, traballadoras e loitadoras incansables, que desde sempre estiveron aquí e alá, invisibles, pero indispensables.

Revista COUSAS DE Nº13

As Medallas Emilia Pardo Bazán constitúen unha iniciativa que a Xunta de Galicia creou en 2019 para recoñecer publicamente ás persoas, entidades e institucións que traballan en favor da igualdade efectiva, e o obxectivo das mesmas á visibilizar os talentos, e potenciar a visibilización social daqueles que están comprometidos coa igualdade entre mulleres e homes.

A Asociación Atalaia nace en 2005 con obxectivos moi claros:  Erradicar o furtivismo, acadar a profesionalización do seu oficio e lograr un salario xusto e equiparado ao dos homes redeiros.

Toda a loita que veñen desenvolvendo ata a actualidade xa deu os seus froitos e é algo do que están moi orgullosas, porque a día de hoxe poden dicir que o seu oficio é menos “invisible”, xa esta recoñecido profesionalmente, cotizan para a súa xubilación, acadaron mellores condicións de traballo, agora son elas as que deciden os prezos polos que traballan, poden levar á casa ingresos dignos (e non un mero complemento ao soldo do marido, como pasaba antes), e teñen máis carga de traballo da que poden asumir, polo que o seu posto de traballo, de momento, está asegurado.

Como mulleres loitadoras que son non deixaron nunca de pelexar polo que cren xusto, e aínda que se está lonxe de acabar co furtivismo ou chegar a esa equiparación laboral e salarial cos homes do seu sector, elas non cesan no seu empeño, e a día de hoxe teñen dentro da súa lista de obxectivos algúns máis como son que se lles aplique o coeficiente redutor do mar a efectos de xubilación, o recoñecemento das enfermidades laborais que lles afectan, e sobre todo conseguir que o seu oficio se perpetúe e siga vivo nas vindeiras xeracións.

Por todo isto, e por moitos outros méritos máis, consideramos xustas merecedoras desta distinción ás mulleres que forman parte da Asociación de redeiras Atalaia, esperando que a valoración do xurado sexa moi positiva.

- Publicidade -spot_img