Inicio Baixo Miño O comercio local de Tui distribuirá 3.600 máscaras hixiénicas reutilizables elaboradas polo...

O comercio local de Tui distribuirá 3.600 máscaras hixiénicas reutilizables elaboradas polo grupo “Bicho fóra”

O comercio local de Tui distribuirá 3.600 máscaras hixiénicas reutilizables elaboradas polo grupo “Bicho fóra”O comercio local tudense, comezará a próxima semana a distribución de 3.600 máscaras hixiénicas reutilizables elaboradas polo grupo “Bicho fóra”.  Este grupo realizou xa con anterioridade outras 3 mil máscaras.

O Concello de Tui adquiriu o material co que se teñen confeccionado as máscaras. Trátase de tecido de sarga 195-205 gr/m2, de composición 35% algodón e 65% poliéster, lavable a 60º . Ten un acabado hidrófugo cumprindo co test AATCC-193 (repelencia a líquidos) e antibacteriano  que cumpre co test UNE EN 14683 (tecidos para máscaras). Posúe unha eficacia de filtración bacteriana superior ao 90% e a respirabilidade en canto a presión diferencial por debaixo de 60 Pa/cm2, soportando  25 lavados. Esta especificación cumpre coa norma UNE 0065:2020, del Ministerio de Sanidad publicada el 15 de abril.

As máscaras, embolsadas de xeito individual e previamente desinfectadas, serán distribuídas nos establecementos asociados a ACITUI e EMPRETUI.

Estes elementos de protección son froito dunha cadea de solidariedade na que o Concello de Tui doou a tea ao grupo de voluntarios e voluntarias Bicho Fóra, que cortaron e confeccionaron as máscaras, e coas asociacións de comerciantes ACITUI E EMPRETUI que as  distribuirán entre os seus asociados, e estes a súa vez entre os seus clientes.

Dende o Concello de Tui amósase o agradecemento a todas as persoas implicadas nestes proxecto pola solidariedade amosada e o esforzo realizado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies