spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo ofrece a súa colaboración...

O Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo ofrece a súa colaboración á Xunta para avanzar na rehabilitación do barrio histórico

o-colexio-de-arquitectos-de-galicia-en-vigo-ofrece-a-sua-colaboracion-a-xunta-para-avanzar-na-rehabilitacion-do-barrio-historicoA delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e prepresidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha reunión na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia en Vigo (COAG) coa directiva reelexida. No encontro estiveron presentes o presidente da delegación viguesa, Manuel Martínez Carazo, así como a tesoreira, Sonia María Alvarado Peitieiros, e a secretaria, Ana Pérez Roy.

Revista Cousas De Nº19

Durante a xuntanza, a representante autonómica coñeceu ao equipo directivo que continúa traballando tras as eleccións do pasado mes de maio. O presidente trasladou a Ana Ortiz as felicitacións polo traballo de recuperación que está a levar a cabo a Xunta no Casco Vello da cidade e ofreceu calquera tipo de colaboración técnica que precise o Goberno galego para continuar na rehabilitación do barrio histórico.

O Colexio de Arquitectos de Galicia xa distinguiu varias edificacións construídas no casco histórico vigués, como as rehabilitacións de Subida a Castelo e O Berbés. Nos premios COAG de 2022 tamén foi premiada a reforma da Cidade da Xustiza de Vigo levada a cabo polo arquitecto Alfonso Penela.

- Publicidade -spot_img