spot_img
InicioBaixo MiñoO Club Penedo de Tui e Teixugos de Tomiño, primeiro e cuarto...

O Club Penedo de Tui e Teixugos de Tomiño, primeiro e cuarto na competición da Liga Galega de Promoción de Slálom de Salvaterra

Teixugos

Esta fin de semana tivo lugar en Cordeiro, no concello de Salvaterra a 2ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom, liga na que participaban os máis pequenos de clubs galegos e portugueses. O Club Deportivo Miño acudiu ao evento con 12 pequenos deportistas, moitos dos cales dobraron, facendo baixada en cáiac e canoa.

Cinco foron as medallas que os Teixugos acadaron nesta xornada, algunhas menos das esperadas, pero que non quitaron nin ilusión nin ganas aos máis pequenos e pequenas do Club.

A mellor participación do club  foi a de  Ainhoa Barreiro cunha medalla de ouro en C1 e unha de prata en K1 muller infantil. Samuel Castro foi prata en C1 Home Infantil. Sergio Martínez acadou o bronce en K1 Home Infantil e bronce tamén para Alba Soutelo en C1 Muller Infantil.

Na clasificación final por clubs o Club Penedo de Tui declarouse gañador cun total de 216 puntos, seguido do Club Tea de Mondariz con 189, terceiro foi o Piragüismo Dumbría con  178 e xa no cuarto lugar os Teixugos con 174.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.