spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Club Patinaxe Artística de Gondomar campioas Galegas de Grupos Show

O Club Patinaxe Artística de Gondomar campioas Galegas de Grupos Show

O Club Patinaxe Artística de Gondomar campioas Galegas de Grupos ShowO pasado domingo celebrouse no pavillón Herbello de Bueu o XIX Campionato Galego grupos Show (Grupos grandes e pequenos) e novamente o Club de Patinaxe Artística de Gondomar conseguiu co seu show ” Saint Mary” , alzarse novamente co título de campioas galegas da especialidade.

Esta vitoria máis que merecida para o grupo gondomareño que aínda que a pandemia non lle permitiu adestrar o desexado, adestro nas últimas semanas de maneira incansable, conseguindo ser as primeiras clasificadas , sendo os triunfadores da tarde con puntuacións que non baixaron do 9, máximas puntuacións da tarde para o equipo de show do CPA Gondomar, que alcanzou os 91,2.

Este ano atípico non permitiu a centos de persoas acudir ao evento, pero o seu seguimento en retransmisión en directo foi máximo, podendo gozar do gran evento en xeral e en particular de St. Mary psychiatric hospital; “encerrada e custodiada, sometida mediante pastillas, cadeas e grilletes escenificouse como unha seda, con elementos aterradores e sorprendentes na pista do pavillón Herbello.

O adestrador David Figueroa é o gran artífice deste show que deixou anonadado ao público coa arrepiante escena, terror, velocidade, sincronización, técnica de primeiro nivel na patinaxe artística e todo froito do gran traballo continuo do adestrador e escenificado polas súas tenaces patinadoras que se viron recompensadas coa trofeo polo gran traballo realizado.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.