spot_img
InicioCondado ParadantaO Club Natación Ponteareas proclámase Campión Galego Absoluto de Inverno

O Club Natación Ponteareas proclámase Campión Galego Absoluto de Inverno

O Club Natación Ponteareas campionato galego na clasificación conxuntaO Club Natación Ponteareas campión galego na clasificación conxunta e Sofía Carballo, Carla Alfaro e Pablo Cabana acadan o ouro

Entre os días 3 e 5 deste mes de xaneiro, celebrouse o campionato galego de natación de inverno, en piscina de 25m. Como en todas as competicións que se celebran actualmente, estableceuse un protocolo fronte ao covid-19 que obrigaba a que se celebrase sen a presenza de público e para limitar aínda máis o aforamento de participantes, os equipos femininos competiron nas 3 primeiras sesións mentres que os masculinos fixérono nas 3 últimas.

Na competición o Club Natación Ponteareas alzouse co título de campión galego na clasificación conxunta e ás nadadoras do Club, Sofía Carballo que acadou a medalla de ouro e o título de campioa galega en 50, 100 e 200 braza e Carla Faro nos 100 estilos. Pola súa banda, Pablo Cabana se fixo co título de campión galego e medalla de ouro nos 200 Bolboreta.

Ademais, o club ponteareán tamén se fixo co subcampionato na categoría feminina. Na categoría masculina, o título foi para o CN Arzúa (sendo o equipo de Ponteareas o 6º clasificado) e na categoría feminina o título foi a parar a mans do C Náutico.

O director técnico do club, Andrés Carrera, amosouse moi satisfeito por este resultado sobre todo pola actitude positiva de todos os integrantes do equipo. Durante o tres días, segundo relata Carreira os nadadores e nadadoras brillaron loitando para acadar logros colectivos e individuais, “un feito que me fai estar moi satisfeito porque os nadadores e nadadoras viñeron a Pontevedra a bater as súas mellores marcas persoais nunha das probas máis importantes da tempada, isto demostra que teñen talento e mentalidade gañadora”.

Andrés Carrera engade que é de destacar, por exemplo, que por primeira vez un equipo de substitución masculina (4×200 libres) subise ao podio, cun bronce. Tamén por primeira vez o equipo feminino conseguía que todas as súas substitucións (4×50 libres, 4×100 libres, 4×200 libres, 4×50 estilos, e 4×100 estilos) subisen ao podio situándose entre o tres primeiros clubs clasificados.

A federación galega emitíu o evento en directo a través de youtube

“Para o deporte en xeral, e para a natación en particular, é unha gran noticia que se teñan implementado medidas e protocolos adaptados ao contexto marcado polo covid-19, que funcionen e que permitan desenvolver a actividade dos clubs”, explica Andrés Carrera.

O Club Natación Ponteareas tamén quere dar os parabéns á Federación galega de natación e ao Club Natación Galaico, como organizadores impecables desta cita, así como aos clubs gañadores (Arzúa e Vigo) na clasificación masculina/feminina, “e por suposto amosar o noso orgullo por este título de campións por equipos do CN Ponteareas que nos fai albergar esperanzas para futuras citas, autonómicas e nacionais. Parabén a todos!”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.