spot_img
InicioBaixo MiñoO Club Kaiak Tudense consegue a undécima copa de Campión de España...

O Club Kaiak Tudense consegue a undécima copa de Campión de España de Inverno

o-club-kaiak-tudense-consegue-a-undecima-copa-de-campion-de-espana-de-inverno

Tono Campos en C1 Senior e Gabriel Pavón en K1 levaron o ouro.

Este domingo celebrouse a segunda xornada do Campionato de España de Inverno. As finais de 5.000 metros previstas para hoxe non defraudaron e brindáronnos un bonito espectáculo.

Os deportistas galegos partían con opcións de medalla en todas as modalidades e foron poucas as regatas nas que non se contou con ningún padeeiro no pódium. Luís Rodríguez do Club Piragüismo Portonovo foi quinto en Home Kaiak Xuvenil seguido de Anxo Susavila do Club Piragüismo As Torres que foi sexto. Ambos subirían a recoller as súas medallas como segundo e terceiro na categoría sub 17.

David Barreiro do Club Náutico Rodeira se conseguiría subir ao segundo caixón do pódium na categoría Home Xuvenil Canoa por detrás do padeeiro madrileño Noel Martínez do Alberche Kaiak, nesta mesma categoría Rubén Fernández do Club Piragüismo Rías Baixas terminou cuarto, moi preto da medalla.

A terceira saída da mañá foi a das mulleres senior kaiak, Ana Varela de Club Kaiak Tudense foi a primeira deportista galega en quinta posición, Nuria Villace actual campioa galega da distancia foi oitava.

Os canoistas Ton Campos e Diego Romeu do Club Breogán do Grove lograron Ouro e Prata na categoría Home Senior Canoa, ambos os deportistas dominaron toda a regata, relevándose para manter a vantaxe que tiñan sobre o terceiro clasificado Sergio Vallejo do Club Piragüismo Poio.

A última competición do campionato foi a dos Home Senior Kaiak na que os padeeiros do Kaiak Tudense deron unha exhibición de poderío ao conseguir meter 6 deportistas entre os 20 primeiros. Gabriel Pavón que viña de gañar o campionato galego de inverno demostrou o seu bo momento de forma impoñéndose ao seu compañeiro Rubén Millán, ambos lograron o dobleto ao impoñerse nun emocionate sprint final co incansable Javier Hernánz que foi terceiro. Roi Rodríguez terminou en cuarta posición moi preto da medalla.

A suma final de todas as competicións levantaron como vencedor por clubs ao Club Kaiak Tudense, que consegue así a súa undécima copa de Campión de España, todo un record que seguro se manterá durante moitos anos. O Club Breogán de Ou grove terminou quinto e As Torres Romaría Viquinga oitavo

- Publicidade -spot_img