O pasado sábado daba comezo a primeira competición do ano da liga Galega de Augas Bravas na súa modalidade de Slalom Olímpico.
A proba celebradada no río Coura ao seu paso por Covas, Vilanova de Cerveira, fué dura por dous motivos, o nivel de auga e o trazado marcado polo seleccionador portugués Pere Guerreiro, que fixeron dela unha competición moi esixente na que os padeeiros menos expertos sufriron e fixo que poucos fosen os que pasasen o peche de control.
A iso tamén colaborou o feito de que esta proba era selectiva en Portugal para decidir que padeeiras van loitar por representar ao seu país na loita por alcanzar o soño olímpico, co que o ritmo xa en preliminares foi altísimo.
A clasificación xeral de clubs encabezouna o club portugués de ABC de Amarante, segundo o Club Deportivo Os Teixugos, terceiro sería o Club Piragüismo Penedo, cuarto o Club Piragüismo Tea de Mondariz, sétimo o Club Sen Siras e en novena posición o Club Piragüismo Dumbría.
Con esta clasificación os puntos sumados para a liga Galega de Slalom quedan da seguinte maneira:
110 ptos Club Deportivo Teixugos,
105 ptos Club Piragüismo Penedo,
101 Club Piragüismo Tea,
97 ptos Club Sen Siras,
96 ptos Club Piragüismo Dumbría.
Destacar a vitoria de Andrea Ucha do Club Deportivo Miño Os Teixugos e a segunda posición de Antía Dacosta no K1 senior feminino e Marcos Pereira do Club Piragüismo Penedo que conseguiu a segunda posición en C1 senior masculino.
A seguinte competición da liga disputarase o próximo 20 de Febreiro.




