spot_img
InicioO MorrazoBueuO Cineclub de Bueu proxecta esta fin de semana o documental 'O...

O Cineclub de Bueu proxecta esta fin de semana o documental ‘O sal da terra’

Coma o todos os primeiros sábados de cada mes, o Cineclub Bueu organiza o 3 de decembro unha nova sesión cinematográfica no Centro Social do Mar. Nesta ocasión, proxectarase ‘O sal da terra’, documental de Wim Wenders sobre o fotógrafo Sebastião Salgado. Os pases terán lugar ás 19.30 horas, dobrado ao castelán, e ás 22 horas, en versión orixinal subtitulada. A cota é de 2€ para as persoas socias anuais e de 4€ para as persoas socias de sesión.

Sinopse

O xenial fotógrafo Sebastião Salgado percorre o mundo dende fai corenta anos captando os cambios da humanidade. Foi testemuña e relator dos grandes acontecementos da historia recente do planeta. Porén, decide agora viaxar a territorios de natureza virxe, con fabulosas paisaxes, fauna e flora exóticas, onde o ser humano é o verdadeiro o sal da terra que habita e o alimenta.

O veterano cineasta alemán Wim Wenders (‘Paris, Texas’, ‘O ceo sobre Berlín’) volve con outro documental maxistral tras ‘Buena Vista Social Club’ e ‘Pina’. Gañador do Premio do Público en San Sebastián e do Premio Especial do Xurado en Cannes, ‘O sal da terra’, codirixida xunto a Juliano Ribeiro Salgado, ofrécenos unha mirada única á beleza do mundo e á condición humana a través da cámara e dos ollos do afamado fotógrafo brasileiro.

Informamos ademais de que o Cineclub Bueu ten aberto o prazo para formalizar o carné de socia/o correspondente a 2017. A cota anual de 15€ non só dá acceso ás proxeccións mensuais a metade de prezo, senón que as/os socias/os poden tamén solicitar de balde calquera das 500 películas da filmoteca do Cineclub e gozar de descontos no noso establecemento colaborador, o Noite Tapas. Do mesmo xeito, se algún outro membro da familia quere asociarse poderá facelo por só 6€. Tamén están xa a disposición o bono-agasallo para regalar cultura este Nadal.

Por outra parte, grazas á colaboración da Concellería de Cultura, este Nadal o Cineclub Bueu organiza tamén unha sesión de cinema para cativas e cativos. Será o luns 26 de decembro no Centro Social do Mar, o título e as horas confirmaranse nos vindeiros días.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.