A Praza da Princesa será o escenario que acollerá os 11 concertos que o ciclo ‘Vigo, un Mar de Bandas’. programa para esta primavera e o verán
A música de diferentes agrupacións municipais volverá a soar en pleno centro de Vigo nunha nova edición do programa municipal Vigo, un Mar de Bandas.
Cada domingo de aquí ao 17 de xullo, poderemos gozar das actuacións das diferentes agrupacións musicais dos nosos barrios. Todas as actuacións realizaranse a partir das 12,30 horas, na Praza da Princesa.
Ademais esta programación completarase coa programación coa programación dos Concertos por Barrios, con dez actuacións repartidas polos meses de maio, xuño e xullo en diferentes barrios de Vigo.




