spot_img
InicioCondado ParadantaO Ciclo de Música de Barcia de Mera prepara o quince aniversario

O Ciclo de Música de Barcia de Mera prepara o quince aniversario

O Ciclo de Música de Barcia de Mera prepara o quince aniversarioO Concello de Covelo e a Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera asinan o convenio de colaboración

Cousas de revista nº16

A Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera reuníuse co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, para asinar o convenio de colaboración co que o Concello apoiará este evento cultural que, cada primavera e cada verán, reúne a centos de persoas apaixoadas da música culta.

A Asociación, que preside o párroco de Covelo, Rafael Antela, e o Ciclo de Música, dirixido por Nieves García-Soto, reúnense nestes meses coas administracións e entidades colaboradoras para renovar apoios e celebrar quince anos de música e cultura na igrexa do conxunto abacial de Barcia de Mera.

A programación desta edición será tan especial como a data e dende a organización adiantan que xa teñen todo pechado para que, dende finais de abril ata finais de setembro, descubramos o talento de músicos internacionais.

O Ciclo de Música de Barcia de Mera naceu hai quince anos cando Nieves García coñeceu ao pai Rafael. A súa paixón pola música fixo que Covelo puidera desfrutar de músicos de primeiro nivel atraendo, ademais, a centos de persoas que descubrían a enorme riqueza patrimonial e natural da contorna.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.