spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Centro Cultural de Peitieiros convoca o III Certame Literario

O Centro Cultural de Peitieiros convoca o III Certame Literario

o-centro-cultural-de-peitieiros-convoca-o-iii-certame-literario

O Centro Cultural de Peitieiros convoca o III Certame Literario  co que quere celebrar o Día das Letras Galegas.

O premio será fallado o día 22 de maio, ás 19 horas no acto que sobre as Letras galegas se desenvolverá no Centro Cultural de Peitieiros, en que as e os gañadores darán lectura á súa obra 

comillas “O idioma é a chave coa que abrimos o mundo”, Manuel María

 

Bases:

Ø Poderá participar calquera persoa que resida en Gondomar cunha obra escrita en galego (normativa oficial).

Ø Admitiranse textos en prosa ou verso, dunha extensión máxima de dúas páxinas (corpo da letra 12, interlineado 1,5).

Ø O prazo de presentación remata o día 12 de maio.

Ø As obras deberán presentarse sen nome da/o autor/a nun sobre pechado na caixa do correo do Centro Cultural de Peitieiros (adro da Igrexa de Peitieiros), acompañadas doutro sobre pechado dentro do cal estarán o nome, idade, domicilio e teléfono da/o autor/a. No exterior do sobre deberase indicar a categoría en que se participa.

Ø Establécense tres categorías:

  1. a) até os 12 anos
  2. b) de 12 a 18 anos
  3. c) de 18 anos en diante

Ø Haberá un premio por cada categoría, consistente nun lote de libros.

Ø A decisión do xurado será inapelábel. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Ø O premio será fallado o día 22 de maio, ás 19 horas no acto que sobre as Letras galegas se desenvolverá no Centro Cultural de Peitieiros, en que as e os gañadores darán lectura á súa obra.

- Publicidade -spot_img