spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Centro Alborada leva a súa iniciativa de limpar zonas de interese...

O Centro Alborada leva a súa iniciativa de limpar zonas de interese natural á praia da Ladeira

Praia Ladeira

A comunidade terapéutica Alborada  promoveu este Xoves Santo, en colaboración co Concello de Baiona, unha nova iniciativa ambiental na praia da Ladeira, na que participaron veciños e bañistas.

O proxecto, coordinado por unha educadora do centro responsable da área de lecer e tempo libre, consiste en limpar zonas de interese natural como ríos ou praias.

Limpeza Praia LadeiraUn educador do centro acompañou a aqueles pacientes que están a tratamento en días festivos ou fins de semana e entre todo o grupo levaron a cabo a limpeza do areal da Ladeira.

A actividade desenrolouse o xoves e dende o Concello de Baiona se colaborou coa iniciativa e  proporcionou todo o material necesario para a actividade, dende luvas a bolsas  resistentes para poder recoller este tipo de residuos. Algúns veciños e bañistas da zona uníronse á actividade axudando na actividade.

O obxectivo é que os usuarios do Centro Alborada a través desta iniciativa tomen conciencia da importancia do respecto ao medio ambiente así como aprender a xestionar o seu tempo de lecer con actividades saudables.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.