spot_img
InicioVal MiñorBaionaO CEIP Fontes-Baíña de Baiona inaugura o seu novo comedor que beneficia...

O CEIP Fontes-Baíña de Baiona inaugura o seu novo comedor que beneficia a 60 escolares

o-ceip-fontes-baina-de-baiona-inaugura-o-seu-novo-comedor-que-beneficia-a-60-escolaresO alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Director Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, a concelleiro de Educación, Nuria Leyenda Gómez, e a presidenta do ANPA, Ana Alar Prado, e a directora de colexio Noelia Fernández Colmenero, inauguraron o novo comedor do CEIP Fontes-Baíña de Baiona que beneficia a 60 escolares

Revista Cousas De Nº22

Os traballos supuxeron un investimento de 5.505,50 euros e foron financiados polo consistorio baionés. Na organización e nos traballos participaron activamente o ANPA e a Dirección Escolar traballando en conxunto co Concello.

Almuiña, destacou que “Con esta actuación, MELLOROUSE notablemente o servizo de comedor do CEIP Fontes-Baíña do que se benefician 60 escolares. Anteriormente, o comedor, xestionado polo ANPA, situábase no outro edifico. Ademais, cos novos traballos o alumnado poderá gozar de espazo moito máis grande e cómodo. Este servizo é moi demandado polos pais para facilitar a conciliación da vida laboral e desde o concello a mellora das instalacións dos centros educativos é unha máxima que se fai necesaria para poder garantir unha educación e uns servizos de calidade”.

No presente curso escolar 2024/2025 no CEIP Fontes-Baíña de Baiona hai matriculados 145 alumnos e alumnas.

Pola súa banda a Presidenta do ANPA, Ana Alar Prado: daclarou que “desde o Anpa Fontes Baiña por fin vemos cumprida unha das principais necesidades dos nosos fillos, o traslado do comedor do centro, xa que debido ao aumento do alumnado nos últimos anos existía un serio problema de espazo”. “Queremos agradecer ao Concello, en especial á concelleira de Educación, Nuria Leyenda, pola súa axuda, implicación e traballo, ao Director Territorial pola súa colaboración, a toda a comunidade educativa, en especial á nosa directora Noelia, polo seu apoio e a todas as persoas vinculadas ao ANPA que colaboraron connosco”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Directora de colexio Noelia Fernández Colmenero, tamén destacou que “con este traslado melloramos o benestar do alumando, as instalacioóns do centro educativo e o servizo complementario de comedor escolar (xestionado polaANPA)”. “Quero agradecer ás familias que axudaron con un duro traballo a mellorar o espazo, grazas ao concello de BAIONA, ao conserxe, grazas á dirección territorial polas xestións, e moi especialmente grazas á concelleira de Educación (Nuria) quen día a día Supervisou toda a obra e colabora en todo o que o colexio precisa”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.