O Castelo de Soutomaior rexistra un incremento de visitantes de preto dun 200% desde a súa musealización e reapertura

Desde a súa musealización en maio case 13.000 persoas o visitaron o Castelo de Soutomaior, 8.460 máis que no mesmo período de 2017. Soamente o martes acudiron ao recinto máis de 300 visitantes

A presidenta da Deputación de Pontevedra cualificou de  “éxito rotundo” as cifras de visitantes que se están a obter trala posta en marcha da musealización do Castelo de Soutomaior, unha das apostas máis fortes do goberno provincial. Deste xeito, dende a reapertura do Castelo a mediados de maio, xa pasaron polas instalacións do recinto histórico preto de 13.000 persoas, 8.460 máis que no mesmo período do 2017, o que supón un incremento do 188,2% no número de visitantes.

Carmela Silva amosou a súa satisfacción pola “altísima” demanda que está a rexistrar o castelo trala súa reapertura xa que “soamente onte pasaron polo recinto histórico máis de 300 visitantes”. Os resultados acadados neste período, poñen de manifestou que a aposta do goberno provincial polo castelo e o impulso dado ao recinto histórico neste tempo está a permitir cumprir cun dos obxectivos marcados pola presidenta: recuperar o recinto histórico para a cidadanía. “Queremos abrir á xente, ás familias, un espazo que é de todas e de todos e queremos facelo cun Castelo renovado, cheo de contidos que poñen de manifesto a importancia deste enclave tanto para a provincia como para o resto de Galicia e do Estado”, asegurou Carmela Silva.

a-reapertura-ao-publico-do-novo-castelo-de-soutomaior-se-celebrara-cunha-gala-de-reinauguracion-o-11-de-maioDesde a inauguración da musealización do Castelo, Soutomaior está xa situado, segundo indicou a presidenta da Deputación,  “á altura dos mellores castelos do mundo, dotado da máis avanzada tecnoloxía nas súas dez salas, con materiais explicativos interactivos que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade, reproducións de documentos históricos, sete audiovisuais, recreacións en 3D, tres caixas máxicas e un marabilloso videomapping que non deixa a ninguén indiferente”.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies