Inicio Pontevedra O Castelo de Soutomaior entra a formar parte do 'Club de Producto...

O Castelo de Soutomaior entra a formar parte do ‘Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España’

a-reapertura-ao-publico-do-novo-castelo-de-soutomaior-se-celebrara-cunha-gala-de-reinauguracion-o-11-de-maioA Deputación  de Pontevedra converte así ao castelo de Soutomaior nun atractivo turístico de primeira orde e o sitúa na oferta de castelos tan coñecidos como o de Peñafiel ou o de Belmonte

O goberno de Carmela Silva vén de coñecer a resolución positiva do “Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España” para que o castelo de Soutomaior forme parte da mesma como socio colaborador. Para Silva, este feito “é unha manifestación máis de que os pasos que seguimos a dar para situar a Soutomaior como un dos grandes referentes turísticos da provincia de Pontevedra están a dar os seus froitos”.

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción por este recoñecemento “que converte, máis se cabe, a Soutomaior nun atractivo turístico de primeira orde a nivel estatal”. Carmela Silva destacou que “non paramos de impulsar proxectos no Castelo e para o Castelo”. Máis polo miúdo, Silva referiuse a que nesta semana se clausuraron as visitas teatralizadas, con todas as prazas esgotadas e case 5.000 persoas en lista de agarda, e vai ter lugar, o vindeiro domingo con motivo do Día Europeo do Enoturismo, unha cata a cegas en colaboración coa Ruta do Viño Rías Baixas que tamén esgotou as cen prazas en canto se ofertaron.

Coa resolución favorable do “Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España”, que impulsa a Secretaría de Estado de Turismo, o castelo de Soutomaior intégrase ademais nas accións de promoción futuras desta oferta turística cultural. Deste xeito, o vindeiro 20 de novembro o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, participará o vindeiro 20 de novembro en Madrid na primeira asemblea do club que permitirá situar ao recinto histórico pontevedrés ao mesmo nivel de castelos tan coñecidos como o de Peñafiel ou o de Belmonte.

Durante a primeira asemblea do “Club de Producto Turístico de Grandes Castillos y Palacios de España”, á que asistirá o deputado de Turismo o vindeiro 20 de novembro en Madrid, presentarase a plataforma tecnolóxica a través da cal se porá en valor a rede de castelos pertencente ao club. Ademais, tamén se dará a coñecer o plan de acción para o vindeiro ano, a estratexia promocional da rede de castelos e palacios, a distribución, así como as experiencias desenvolvidas polos castelos e palacios socios.

O obxectivo principal deste club turístico consiste en afrontar de xeito coordinado e a nivel estatal a oferta cultural e visitas aos castelos e palacios integrados nel. Así, preténdese configurar un produto turístico tomando como elemento principal os castelos e palacios e, a través deles, amosar a historia aderezada con experiencias turísticas novas e singulares.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies