spot_img
InicioVal MiñorNigránO cartaz de Álvaro Cedeira gañador do certame 'Quin Alborés - Nigránjazz...

O cartaz de Álvaro Cedeira gañador do certame ‘Quin Alborés – Nigránjazz 2025’

o-cartaz-de-alvaro-cedeira-ganador-do-certame-quin-albores-nigranjazz-2025
FOTO: de esq. a dta: Álvaro Cedeira, Juan González e Felipe Villar

O Concello de Nigrán elixiu o cartaz de Álvaro Cedeira Pérez, presentado baixo o lema ‘Jazznoaire’, como gañador do concurso de carteis ‘Quin Alborés-Nigranjazz’, dotado cun premio de 700 €. A imaxe sinxela dunha trompeta sobre fondo azul e da que emerxe unha bandada de paxaros representará a XIX edición deste emblemático festival que cada verán ten lugar na Foz do Miñor, este ano o 18 e 19 de xullo.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O certame, totalmente anónimo e que rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o evento desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis, recaeu precisamente nun veciño de 25 anos que, coma Quin, ama as artes gráficas.

“Quería representar visualmente a esencia do jazz como linguaxe libre, emocional e evocadora, a través dunha metáfora sinxela e poética presento a música coma unha forza liberadora que conecta co espírito, coa natureza e co territorio”, explica Álvaro, titulado en fotografía e deseño pola Escola CIFP Audiovisual de Vigo e actualmente traballando como tatuador. “Debuxo desde que nacín, gústame moito, e querería adicarme profesionalmente as artes visuais. Este é o meu primeiro premio e estou moi emocionado de ter gañado”, explica Álvaro, quen nunca antes se presentara nin a este nin a ningún certame.

“Estamos ante un certame no que participan profesionais de toda España e ao que se presentan os carteis de xeito anónimo, baixo un lema, así que foi unha sorpresa que gañase un mozo nigranés porque que recordemos, non gañou ningún veciño a lo menos nos últimos 10 anos, así que a alegría é dobre; Quin Alborés estaría moi orgulloso de este relevo”, consideran Juan González, alcalde de Nigrán, e Felipe Villar, director do festival, ambos membros do Xurado xunto a dúas deseñadoras gráficas da comarca, a reponsable de comunicación do Concello e un irmán de Quin Alborés.

O cartaz bebe do estilismo dos anos 50-60 e, na deliberación final, impúxose a un segundo candidato finalista con estilo oposto. “O Xurado destaca a sinxeleza clásica da composición gañadora e o gran traballo tipográfico desenvolvido en cada apartado, o que confire ao conxunto unha harmonía perfecta entre a propia ilustración e a información sobre o festival, aspecto clave nun cartaz”, considerou o Xurado na súa acta, destacando que a elección “outorga un novo pulo ao certame”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.