spot_img
InicioBaixo MiñoProtección Civil de Tui recibirá a medalla ao mérito de protección civil...

Protección Civil de Tui recibirá a medalla ao mérito de protección civil na categoría de prata

proteccion-civil-de-tui-recibira-a-medalla-ao-merito-de-proteccion-civil-na-categoria-de-prataEsta distinción é outorgada pola participación no continxente galego desprazado a Valencia tras a DINA

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui vai recibir a medalla ao mérito  de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia na súa categoría de prata.

Os voluntarios tudenses veñen de ser recoñecidos con esta distinción autonómica por ter formado parte do do Continxente Galego desprazado a Valencia, tras a DINA. Tres voluntarios de Tui participarán en Valencia nos labores de reconstrución levando diverso material.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresa o seu recoñecemento e felicitación novamente á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil pola súa participación naquel operativo en Valencia o ano pasado, pero tamén polo labor que desenvolven ao longo de todo o ano na cidade tanto en distintas incidencias coma colaborando en eventos de moi diversa índole.  Así o ano pasado, amais da intervención en Valencia realizaron 278 servizos cun total de 2.417 horas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.