spot_img
InicioBaixo MiñoO cárcere vello de Tui acolle unha mostra de traxes tradicionais

O cárcere vello de Tui acolle unha mostra de traxes tradicionais

O cárcere vello de Tui acolle unha mostra de traxes tradicionaisO cárcere vello de Tui,  na rúa Sanz, acolle ao longo deste mes de agosto unha Mostra de Traxes Tradicionais organizada pola Asociación Cultural, Xuvenil e Recreativa San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui.

Na mesma pódense admirar distintas pezas, algunhas orixinais e outras réplicas, da vestimenta tradicional de distintas zonas de Galicia nos últimos séculos.

A exposición abre de luns a sábado 10 a 13 h e de 17 a 20 h.

De forma paralela os venres dia 13, 20 e  27 de agosto ás 19 h haberá obradoiros musicais.

- Publicidade -spot_img