Inicio Baixo Miño O Campo do Alivio será o punto de partida da Cabalgata de...

O Campo do Alivio será o punto de partida da Cabalgata de Reis en Tomiño

os-reis-magos-reparten-en-baiona-un-1-500kg-de-caramelos-e-mais-de-1-000-agasallosNo Auditorio de Goián, o sábado 7, “O mundo máxico de Pinocho”, e o domingo 8, “As Andanzas de Paio” co grupo Vaioviravai

Para o público infantil a entrada será de balde, e para o adulto de 3 euros

A Cabalgata de Reis do Concello de Tomiño, sairá mañá, 5 de xaneiro, dende o Campo do Alivio ás 16.30 horas. O percorrido transcorrerá polas rúas céntricas con rumbo á Praza do Seixo. Neste punto terá lugar a recepción dos nenos e nenas por parte das Súas Maxestades os Reis; a entrega de agasallos e reparto de papeletas para o sorteo dunha bici, tablet, patins, drons, etc.

O sábado 7 de xaneiro, dentro da programación de Nadal organizada polo Concello, chega “O mundo máxico de Pinocho”. A función, a cargo de Educa Teatro, será no Auditorio de Goián, ás 18.00 horas, con entrada de balde para nenos e nenas e de 3 euros para adultos.

Pechará o programa outra obra de teatro infantil-musical, “Vaioviravai – As andanzas de Paio”. Tamén no auditorio, ás 18.00 horas. Coma na anterior actividade, a entrada será de balde para o público infantil e de 3 euros para o adulto.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies