spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Camiño Portugués da Costa incrementa a afluencia de peregrinos nun 46%...

O Camiño Portugués da Costa incrementa a afluencia de peregrinos nun 46% respecto a 2023

o-camino-portugues-da-costa-incrementa-a-afluencia-de-peregrinos-nun-46-respecto-a-2023O Camiño Portugués da Costa incrementa a afluencia de peregrinos nun 46% respecto a 2023 e o albergue do Berbés xa recibiu a máis de 7.000 caniñantes

Revista Cousas De Nº22

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este martes que tanto a afluencia ao Camiño Portugués da Costa como ao Albergue de Peregrinos “Juan Manuel López Chaves” están a punto de superar en este 2024 as cifras de todo o pasado ano.

A representante autonómica fixo unha visita ao albergue do Berbés para saudar aos camiñantes que chegan a Vigo a través da ruta xacobea que experimentou un maior incremento este ano. Así, apuntou que ata o 20 de agosto xa retiraron a súa compostela 46.690 peregrinos que se decantaron pola ruta que pasa por Vigo. Isto supón un incremento do 46% respecto a 2023, cando a cifra chegou a un total anual de 52.754 persoas.

No que se refire ao albergue vigués, ata este luns pasaron polas súas instalacións 7.129 peregrinos, polo que todo apunta a que este ano superará os preto de 11.000 que se aloxaron en 2023. Ortiz destacou a alta ocupación do mes de agosto, con 1.217 persoas e a gran maioría dos días rozando o cheo. En xullo foron 1.668 os hospedados e en xuño 1.249.

Ortiz destacou o acerto do Goberno galego cando decidiu investir 1,8 millóns de euros para dotar á cidade do seu primeiro albergue público no Casco Vello. “A evolución está a ser espectacular e os números avalan outra vez máis a decisión que tomamos para a rehabilitación de dous edificios nun lugar emblemático da cidade”, sinalou.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O edificio do albergue conta con seis plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos.

A delegada tamén lembrou o éxito da primeira edición da Etapa Popular Camiño da Costa por Vigo, unha iniciativa celebrada o pasado 30 de xuño cunha gran afluencia para participar no percorrido polo tramo da peregrinación xacobea que atravesa o municipio vigués.

- Publicidade -spot_img