Inicio Galicia O Camiño de Santiago consolídase como modelo turístico sustentable a nivel internacional

O Camiño de Santiago consolídase como modelo turístico sustentable a nivel internacional

Camiño-de-Santiago-consolídase-modelo-turístico-sustentable-nivel-internacionalA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na primeira xornada do Encontro Iberoamericano sobre desenvolvemento sustentable e turismo no Centro de Formación da Cooperación Española (CFCE) da cidade de Cartaxena de Indias en Colombia.

O encontro ten como obxectivo a posta en relevo da importancia de establecer e debater entre todas as institucións vinculadas directa ou indirectamente co sector as oportunidades que ofrecen os destino turísticos para mellorar a calidade de vida da poboación.

O Centro de Formación da Cooperación Española da cidade de Cartaxena de Indias aglutinou durante a primeira xornada do encontro a ministros e responsables de Turismo de toda Iberoamérica.

Neste marco, a directora de Turismo de Galicia ofreceu un relatorio do Camiño de Santiago como exemplo de desenvolvemento turístico-sustentable, na mesa redonda ‘Planificación do turismo para un desenvolvemento sostible e integral’, e participou no foro ‘Xestión urbana integral de destinos turísticos de calidade’, no cal impartiu unha conferencia sobre o desenvolvemento dunha cidade a través do turismo de calidade.

Desenvolvemento turístico sostible do primeiro Itinerario Cultural Europeo
Durante a súa primeira intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou as numerosas distincións que avalan a importancia do Camiño de Santiago, entre as que destacou a declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo, en 1987 polo Consello de Europa, a declaración de Patrimonio de la Humanidade por la UNESCO en 1993, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia, en 2004, ou a declaración de Embaixador Honorario da Marca España obtida o pasado ano, entre outras.

Así mesmo, Nava Castro falou do incremento que experimentou a Ruta Xacobea tanto na súa oferta como demanda, resaltando que en 1987 foron 2.905 os peregrinos que chegaron a Santiago, en 2008 contabilizáronse arredor de 125 mil e o pasado ano 2014 cerrou coa chegada de 237.886 peregrinos. Ademais a responsable de Turismo da Xunta sinalou que o importante incremento dos peregrinos internacionais que xa supoñen máis da metade dos peregrinos que recollen a Compostela. Neste senso, afirmou que Colombia é o sexto país do continente americano de onde viñeron máis peregrinos o pasado ano.

A directora de Turismo de Galicia, incidiu en que o goberno galego traballa a prol da potenciación do Camiño buscando un desenvolvemento sostible do mesmo e atendendo a súa capacidade de carga. “Apostamos pola revitalización, conservación e dinamización da ruta para non perder a esencia que marabilla ano tras ano a numerosos peregrinos e que supón o outorgamento desas diversas distincións e galardóns que lle foron outorgadas ao longo da historia”, explicou.

Por outra banda, Nava Castro recordou que este ano, mozos de toda Iberoamérica realizarán a expedición académico-cultural da RUTA BBVA coñecendo de primeira man o Camiño de Santiago.
A directora de Turismo de Galicia concluíu o seu relatorio animando a todos os presentes a realizar o Camiño argumentando que é “un itinerario inesquecible que non deixa indiferente a ningún”.

As cidades galegas, exemplo de turismo de calidade
A directora de Turismo de Galicia comezou o seu relatorio sobre o desenvolvemento das cidade a través do turismo de calidade facendo un recorrido polas sete principais cidades de Galicia. Durante o mesmo, destacou as principais características e reclamos turísticos de cada unha delas resaltando a súa diversificación e especialización en diferentes tipoloxías de turismo dependendo das potencialidades de cada unha.

Nava Castro sinalou que unha das apostas comúns nas sete cidades é o desenvolvemento turístico das mesas a través da calidade da cal afirmou “non debe ser un obxectivo final, senón unha maneira de traballar dentro do sector”.

A responsable de Turismo da Xunta explicou que a calidade constitúe un elemento diferenciador cara á internacionalización do destino e neste senso falou das diferentes certificacións que avalan esta eficiencia das empresas e destinos turísticos. Así, destacou a marca Q de Calidade Turística do Instituto da Calidade Turística Española (ICTE) y o certificado SICTED, o Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos.

Nava Castro resaltou que Galicia conta actualmente con 268 establecementos e servizos certificados coa Q de Calidade Turística, o que a converte na Comunidade autónoma con máis certificacións tras Andalucía, e cinco destinos SICTED –Baiona, Guitiriz, a provincia de Pontevedra, Sanxenxo e Ferrol-.

Por último, a directora de Turismo de Galicia afirmou que a política de calidade turística converteuse na actualidade nun factor fundamental de diferenciación e de competitividade no sector turístico galego.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies