spot_img
InicioVal MiñorGondomarMedio Ambiente mellora a seguridade da estrada PO-340 entre Gondomar e a...

Medio Ambiente mellora a seguridade da estrada PO-340 entre Gondomar e a Ramallosa, no concello de Nigrán

Estrada Ramallosa-Gondomar.jpg1 (Copiar)A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de iniciar unha actuación na estrada autonómica PO-340 entre Gondomar e A Ramallosa (Nigrán) que mellorará a seguridade viaria do conxunto de usuarios e en especial dos peóns.

A actuación ten por obxecto redistribuír a sección transversal da estrada, aumentando o ancho das beiravías de ambas as marxes da vía e estreitando lixeiramente os carrís, para a mellora da seguridade viaria dos usuarios desta vía, que rexistra notables intensidades de tráfico.

A ampliación e reforzo da sinalización previstas nas beiravías, facilitará e mellorará de xeito importante o tránsito peonil. Pola súa banda, a redución dos carrís colaborará á diminuír a velocidade de circulación dos condutores, que resulta moi conveniente dado que no treito se mesturan zonas con usos moi diversos (industrial, escolar, etc), e a estrada conta con numerosas interseccións e accesos.

Os traballos incluirán a extensión dunha capa superficial de cor clara para mellor diferenciación da zona pola que habitualmente transitan os peóns, a instalación de captafaros convencionais para unha mellor guía da condución nocturna e o repintado das marcas viarias nos laterais.

Esta actuación, executada a través da Axencia Galega de Infraestruturas, esténdese nunha lonxitude de 3,3 km da estrada PO-340, en concreto entre os puntos quilométricos 17+870 (á saída do núcleo de Gondomar) e 21+350 (travesía da Ramallosa), e implica un investimento de 83.771 euros.

Prevese que os traballos, iniciados esta semana, rematen no mes de maio.

Estrada Ramallosa-Gondomar (Copiar)Traballos para mellorar a seguridade de peóns e ciclistas no Val Miñor

A Xunta de Galicia ten como unha das súas prioridades en materia de estradas a mellora da seguridade viaria, e en concreto a adaptación das súas infraestruturas para a compatibilización do tráfico rodado cos peóns e ciclistas que transitan por elas, especialmente en zonas densamente poboadas como o Val Miñor. O exemplo máis relevante é o das obras de construción de carrís para uso peonil e ciclista nas estradas Vigo-Baiona (PO-325) e Baiona – A Guarda (PO-552), que supuxeron a posta en servizo de máis de 40 Km de infraestruturas diferenciadas destinadas a favorecer a circulación de peóns e bicicletas, e requiriron dun investimento superior aos 24 millóns de euros..

Hai que destacar que tamén na estrada PO-552 está en proceso de licitación por 215.000 euros a obra de prolongación do carril bici entre os puntos quilométricos 16+700 e 17+700 na estrada PO-552, neste caso no concello de Baiona, que dará continuidade aos carrís executados entre Vigo e Baiona e entre Baiona e A Guarda.

Finalmente, está tamén en proceso de licitación por máis de 100.000 euros un contrato destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas de Vigo e a súa comarca nos que resulta conveniente executar sendas peonís ou vías ciclistas para fomento da mobilidade sustentable, de modo que se completen as infraestruturas executadas ata o día de hoxe.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.