spot_img
InicioVal MiñorGondomar“BREEAM”, Edificación Sostible, novo curso de formación en Gondomar

“BREEAM”, Edificación Sostible, novo curso de formación en Gondomar

BREEAM-ES-850x500

O curso que dispoñerá de 20 prazas será gratuito para o alumnado e terá lugar entre o 11 e o 14 de maio
A concejalía de formación e emprego do concello de Gondomar, organiza un curso BREEAM, Edificación sostible; cuxo obxectivo é impartir os coñecementos básicos de construción sostible, a certificación de sostenibilidade, os métodos de avaliación ambiental e a formación específica BREEAM.

A formación que se suscita é técnica e específica dos sectores da construción e medio ambiente, polo que vai dirixido principalmente a arquitectos, aparelladores, enxeñeiros, enxeñeiros técnicos (industriais, minas, etc), enxeñeiros ambientais, etc.

O curso que dispoñerá de 20 prazas será gratuito para o alumnado e terá lugar entre o 11 e o 14 de maio, ambas datas incluídas e en horario de 9:00-14:00 h. (20 horas lectivas).

Á finalización do curso os alumnos poderán obter, no caso de que superen un exame, o recoñecemento oficial “BREEAM ES ASOCIADO”, que acredita que dominan os conceptos básicos do sistema de certificación.

Para poder inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local do concello, aportando copia da titulación académica relacionada co tema e presentala entre o 20 de abril e o 1 de maio. Priorizaranse as seguintes condicións: empadroamento en Gondomar, estar desempleado inscrito na oficina de emprego e antigüidade como desempleado. A xustificación destes requisitos entregaranse xunto coa solicitude do curso.

Hospital de Vigo en construcciónBREEAM® É En Uso é o esquema de avaliación e certificación da sostibilidade aplicable a edificios existentes de uso non residencial e con polo menos dous anos de antigüidade, o que permite avaliar o seu comportamento real a través da información sobre as prestacións ambientais, as facturas e outros rexistros de consumos do inmoble.
Unha folla de ruta clara e racional para mellorar a sostibilidade e reducir os gastos de funcionamento ao permitir o establecemento de obxectivos e o desenvolvemento dun plan de acción, a súa implementación e revisión periódica.

Unha metodoloxía internacional con +20 anos de traxectoria e presente en 63 países que está adaptada ao idioma, normativa e práctica construtiva de España dende o ano 2011 a través de tres Casos de Estudo: a Torre Agbar,el Hospital Universitario Infanta Sofía e o CC Islazul.El novo hospital de Vigo, o Pazo de Congresos de Valencia, Centros Comerciais de promotores como Neinver eUnibail-Rodamco, locais comerciais da firma REDEVCO arrendados a marcas como Zara, Barclays, Springfield, C&A, H&M… xa apostaron por este certificado

http://www.breeam.es/

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.