spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO C.D. Pontellas do Porriño viaxa a Tolosa onde quere seguir facendo...

O C.D. Pontellas do Porriño viaxa a Tolosa onde quere seguir facendo historia

O C.D. Pontellas do Porriño viaxa a Tolosa onde quere seguir facendo historiaA plantilla do CD Pontellas saíu ás 10,30 horas en autobús cara a Tolosa onde mañá mércores confía en seguir facendo historia.

O equipo da pequeña parroquia porriñesa de apenas 2.000 habitantes xogará a eliminatoria previa da Copa do Rei que este ano habilitou a RFEF como premio ós equipos campeóns dos seus respectivos grupos de Rexional Preferente que ascenderon a Terceira División.

Caso de superar esta previa en terras vascas, o “Tellas” tería na seguinte ronda un emparellamento cun equipo de Primeira División –agás os catro que están a xogar na Champions League-.

A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Deportes, David Alonso acudiron ó campo de San Campio, lugar de reunión e partida da expedición, para desexar sorte e ánimo ós xogadores, cadro técnico e directiva do CD Pontellas.

Eva García dixoulles que disfrutarán “do momento histórico que estades a vivir que xa ninguén vai quitarvos”.

Hai una semana, David Alonso, concelleiro de Deportes informou que o goberno municipal porriñés acordou outorgar unha achega extraordinaria de 4.000 € ó C.D. Pontellas.  Tratase dunha aportación especial, a maiores da subvención anual que o Concello de O Porriño ten conveniada con C. D. Pontellas.

A presidenta do club local, Marta Costas tiña solicitado nunha reunión recente coa alcaldesa e co concelleiro de Deportes axuda económica e loxística do Concello debido ós gastos extraordinarios que lle supón a este modesto club afrontar a súa histórica participación na Copa do Rei.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.