spot_img
InicioVal MiñorBaionaMenores tutelados pola Xunta de Galicia achegaranse ao mar da man do...

Menores tutelados pola Xunta de Galicia achegaranse ao mar da man do MRCY de Baiona

Menores tutelados pola Xunta de Galicia achegaranse ao mar da man do MRCY de BaionaCon esta nova iniciativa o Monte Real busca seguir ampliando un servizo que desde hai anos ofrece a persoas con discapacidade, dependentes, maiores e alumnos de centros especiais con serios problemas conductuales

O pasado mes de setembro, o Monte Real Club de Yates celebrou, xunto co concello de Baiona e grazas ao patrocinio de Verti Seguros, unha nova edición do Vertiatlón Solidario, un tríatlon co que, desde hai 5 anos, o club recada fondos para a súa Escola de Vela Adaptada.

Neste 2019, a participación de 200 atletas e a colaboración de numerosas marcas e empresas, permitiu recadar máis 6.000 euros, un diñeiro que, sumado ao apoio que presta a Xunta de Galicia, permitiulle ao club baionés impulsar novas actividades destinadas achegar ao mar a persoas ás que lles poida supoñer unha mellora na súa calidade de vida.

Tras poñer en marcha cursos de vela adaptada para persoas con diversidade funcional de diferentes asociacións de Galicia, sacar a navegar a usuarios de residencias de maiores a través do programa “ Amaromar” e realizar saídas náuticas con alumnos de centros de educación especial con problemas conductuales, o Monte Real amplía agora as súas actividades con propostas para menores tutelados pola Xunta de Galicia.

Na actualidade existen en Galicia preto de 3000 nenos e nenas que, por diferentes motivos, a maior parte deles relacionados con abandonos, abusos, falta de escolarización ou atención sanitaria, pasaron a estar baixo o amparo dos servizos de menores da administración autonómica galega.

Algúns deles beneficiáronse xa desta nova iniciativa impulsada polo Monte Real, que lles permite saír a navegar en grupo con monitores especializados. Trátase dunha proposta que busca, principalmente, ofrecer a estes nenos a posibilidade de gozar dunhas horas de #gozar e desconexión no mar, á vez que aprenden aspectos relacionados cos deportes náuticos.

Na última das saídas realizadas con menores tutelados, os nenos e nenas puideron percorrer diferentes puntos da baía de Baiona, descubrir o funcionamento dunha embarcación e coñecer conceptos básicos de navegación.

Coa posta en marcha desta actividade, o Monte Real Club de Yates reafirma unha vez máis o seu compromiso coa sociedade e consolídase como un dos clubs cunha maior responsabilidade social corporativa en Galicia.

- Publicidade -spot_img