Inicio Galicia Dúas exposicións na Vía da Prata unen Ourense e Zamora a través...

Dúas exposicións na Vía da Prata unen Ourense e Zamora a través da cultura Xacobea

Dúas exposicións na Vía da Prata unen Ourense e Zamora a través da cultura Xacobea‘De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata’ pode visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade das Burgas ata o 8 de decembro, e amosa en 3D paisaxes e patrimonio desta ruta de peregrinación a Santiago

A Xunta de Galicia está a promocionar o Camiño de Santiago a través da Vía da Prata con dúas exposicións de carácter itinerante De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata en Ourense e Via Iacobitana. Os Camiños de Santiago en Galicia en Zamora.
A cidade das Burgas acolle a mostra De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata, unha selección de fotografías en tres dimensións con pezas de gran formato onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren esta ruta ao seu paso por Galicia e que pode visitarse xa no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Andalucía é o punto de partida desta ruta que atravesa a Península de sur a norte, percorrendo Estremadura e Castela e León, entrando en Galicia pola Mezquita. A Vía da Prata é o trazado xacobeo de maior percorrido en terras galegas (atravesa tres das catro provincias) e nela o peregrino pode contemplar un patrimonio natural e etnográfico de excepción: a riqueza da provincia de Ourense, a comarca do Deza e a canle do río Ulla que se presentan ao camiñante cheos de atractivos.
Cómpre lembrar que o itinerario desta exposición comezou o pasado mes de setembro en Jerez de la Frontera (Cádiz) e agora recala na cidade de Ourense ata o vindeiro 8 de decembro.

Promoción do Camiño en Zamora

Zamora acolle tamén ata o 8 de decembro a exposición Via Iacobitana. Os Camiños de Santiago en Galicia, que recala na Fundación Rei Afonso Henriquez. A mostra, formada por fotografías de Luis Gabú, Tino Viz e Santi López, pon en valor a cultura xacobea e o importante legado do Camiño de Santiago e viaxou no presente ano a Braga (Portugal) e Ávila, conseguindo gran éxito de público.
Trátase dunha escolma de 50 fotografías na que os artistas, transformados en peregrinos, mostran a súa visión e as sensacións persoais que lles suxire cada unha das sendas de peregrinación elixidas. Neste senso, as fotografías expostas en Zamora reflexan os encantos da paisaxe galega, a vivencia dos peregrinos que camiñan ata Santiago e a destacada herdanza cultural que atesora a Ruta Xacobea. Así mesmo, evidencia a multiforme esencia do Camiño, o seu carácter internacional e o sentido hospitalario que os galegos demostran.

Xacobeo 21

O calendario de preparación do vindeiro Ano Santo contempla o 2019 como ano dedicado á Vía da Prata. Ao longo deste ano estanse a realizar traballos de acondicionamento, mellora e sinalización, entre outras medidas, o que permitirá que esta ruta chegue nun estado óptimo á celebración do Xacobeo 21.
Neste sentido, a Xunta está a ampliar a rede de albergues públicos neste itinerario apostando pola rehabilitación de edificios de valor histórico e patrimonial e pola posta en valor das diferentes rutas de peregrinación. Así, o Plan de Albergues aprobado no pasado mes de setembro inclúe novas dotacións na Gudiña e Oseira, que se suman ao inaugurado o pasado ano en Ourense.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies