spot_img
InicioVal MiñorNigránO C.B. Nigrán continúa os adestramentos de portas abertas para que todos...

O C.B. Nigrán continúa os adestramentos de portas abertas para que todos aqueles nenos e nenas que queiran probar o baloncesto

c-b-nigran-continua-os-adestramentos-de-portas-abertas-para-que-todos-aqueles-nenos-e-nenas-que-queiran-probar-o-baloncesto

O Club Baloncesto Nigrán continúa estas dúas últimas semanas de setembro os adestramentos de portas abertas de forma totalmente gratuíta para que todos aqueles nenos e nenas que queiran probar o baloncesto poidan facelo sen ningun tipo de compromiso e sen que se requira algun coñecemento previo deste deporte.

Aos poucos o Club vai completando ademais os seus equipos para esta nova tempada, inscribiron xa en competición ao equipo cadete feminino e nos proximos días, cumprindo as datas da federacion, inscribirán tambien aos infantís tanto masculino como feminino e a continuación ao alevín e ao benjamín mixto.

A partir do 1 de Outubro tamén se poñerán en marcha as escolas deportivas que o club ten nos colexios de Nigran e Gondomar así como os grupos de baby e iniciación formados por nenos e nenas de 4 a 12 anos que adestran tambien nos colexios.

Ademais, Nuria Gómez , directora deportiva do CB Nigrán, foi chamada por segundo ano consecutivo para encargarse da escola de baloncesto que a Deputación ten no Concello de Gondomar .

Os adestramentos de portas abertas teñen lugar no colexio de Panxón os luns e mércores en horario de 17:00 a 18:00 para os nenos e nenas de 5 a 11 anos e no Pavillón Municipal de Panxón os luns e mércores de 19:30 a 20:30 para os nenos e nenas de de 12 a 16 anos.

As persoas interesadas en obter algunha información máis sobre as xornadas ou horarios de entrenemiento dos diferentes equipos poden facelo a traves do teléfono 647048966 (NURIA, Directora Deportiva) ou do mail do club c.baloncestonigran@gmail.com

- Publicidade -spot_img